Skip to Content

Probas acreditación Lingua Estranxeira

Estratexia Edulingüe 2030

A Xunta de Galicia vén de convocar as probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 2022-23 estea matriculado en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria, na etapa de Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Os estudantes que participen nela poderán certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).

Desde o centro infórmase que non ten a validez das probas da Escola Oficial de Idiomas.

 

O alumnado interesado deberá enviar un correo electrónico a ies.felix.muriel@edu.xunta.gal indicando no asunto "Certificación Inglés" e no corpo incluír nome e apelidos da/o alumno/a e o curso no que está matriculada/o.

 

 

 



story | by Dr. Radut