Skip to Content

FIN DE CURSO. ENTREGA DE BOLETÍNS

O 22 de xuño remata o curso académico 2021-2022. As datas que cómpre ter en conta son:

  • 24 de xuño. Publicación das cualificacións fiais da ESO e extraordinaria de Bacharelato a través de Abalar.
  • 27 de xuño, ás 10:00 horas. Entrega dos boletíns e os Consellos orientadores da ESO. Cada grupo accederá ás 10:00 horas á súa aula de referencia, agás no caso de 4º ESO que acudirá ao Salón de actos onde recibirá o Consello Escolar, o Boletín e mais a orla da man do profesorado titor. NON hai servizo de autobús escolar.
  • 27 de xuño. Comezo do prazo de matrícula. Prema na ligazón para acceder a máis información: matrícula.
  • 27 de xuño, ás 10:00 horas. Comezo do prazo de reclamacións ante o Departamento. Dispoñen de formularios en Administración e mais nesta páxina web.
  • 29 de xuño, ás 12:00 horas. Remate do prazo de reclamacións ante o Departamento.


story | by Dr. Radut