Skip to Content

Eleccións ao consello escolar

Sorteo público para elixir os membros da Xunta Electoral

03/11/2021: no Despacho de dirección ás 12:10 horas.

Carta familias

Primeira reunión da Xunta Electoral

05/11/2021:Constitución Xunta Electoral

De acordo coa lexislación vixente procederá a:

  • Aprobar e publicar as convocatorias dos diferentes sectores de representación.
  • Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro para a consulta). 
  • Concretar o calendario electoral:
    • Prazo para a presentación de candidaturas aos distintos sectores, conforme ao formulario dispoñible na Secretaría do centro .
    • Reunión da Xunta Electoral (Admisión, proclamación e publicación das candidaturas, sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos membros das mesas e suplentes de dita circunstancia).
    • Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas e admisión de solicitudes de supervisores.
    • Reunión da Xunta Electoral (Publicación da resolución sobre as reclamacións ás candidaturas, publicación das corrección aos censos e elaboración das papeletas e credenciais dos supervisores).
    • Campaña electoral
    • Constitución das diferentes mesas electorais e votacións.
      • Mesa alumnado:
      • Mesa pais/nais/titores legais:
      • Mesa persoal non docente:
    • Reunión Xunta Electoral (Proclamación e publicación dos candidatos elixidos, traslado actas das mesas electorais á Xefatura Territorial e comunicación aos candidatos electos).

Segunda reunión da Xunta Electoral

  • Admitir, proclamar e publicar as candidaturas aos distintos sectores da comunidade educativa.
  • Proceder ao sorteo público para desginar os membros das mesas electorais.

 Referencias legais:

Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Circular 18/00 pola que se completa a circular 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución do órganos de goberno dos centros públicos de ensinanzas non universitarias

Circular 1/98, do 2 de febreiro, da D.X. e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario

Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos insitutos de educación secundaria 



book | by Dr. Radut