Skip to Content

CLUB DE DEBATE

O Sábado celebrouse en Rianxo  a FASE LOCAL do Club de Debate 2018, na que participarán, canda o alumnado do IES Félix Muriel, equipos dos IES de Pontevedra, Marín e Dodro.

Nesta fase local participaron 8 equipos que realizaron dous debates cada un, defendendo posturas a favor e en contra do argumento escollido para o debate nesta fase local: “A mocidade tamén ten comportamentos machistas”. Serán valorados por un xurado externo, proposto pola organización, formado por cinco persoas do ámbito da normalización lingüística, a docencia e o xornalismo.

CLUB DE DEBATE é un proxecto de dinamización lingüística entre a mocidade, que ten como finalidade contribuír ao uso oral da lingua galega, e practicar habilidades comunicativas e de relación interpersoal, que promove a reflexión, o respecto, o intercambio de opinións, a tolerancia e o traballo en equipo. O debate ten un formato de concurso que se desenvolve en fases comarcais das que saen dous equipos gañadores, que recibirán senllos premios e que participarán na final galega do Club de Debate 2018, que se celebrará en Ferrol o 5 de maio.

Neste caso o gañador foi o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, ao que felicitamos polo seu bo traballo. Foi un debate complicado polo alto nivel dos participantes e non queremos deixar de felicitar ao noso alumnado (e, por duposto, ao profesorado encargado; Sofía, Pilar e Tina) polo traballo desenvolvido nestes meses. 

 



book | by Dr. Radut