Skip to Content

Orientación

PRESENTACIÓN DO SERVICIO MEDIACIÓN (CURSO 2017/18)

Este curso marcharon moitos dos mediadores (os que estaban en 4º de ESO)  para continuar os seus estudos de bacharelato noutros centros. Ó tempo incorporáronse outros chegados o pasado ano ó centro. 

Aínda que hai algún máis dos que aparecen na foto estes son os mediadores que axudarán a mellorar o clima de centro no curso 2017/18. A pasada semana estiveron presentándolles o servizo ós seus compañeiros e entregándolles unhas pulseiras  para que non perdan de vista nunca a posibilidade de resolver conflitos por esta vía pacífica entre compañeiros.

 

CREACIÓN DO SERVIZO DE MEDIACIÓN


No actual curso 2014-2015, imos crear un Servizo de Mediación no Instituto. O alumnado de todo o Centro xa é coñecedor da iniciativa e, de momento, deulle unha boa acollida.

Para a creación deste Servizo, contamos con 12 profesores e profesoras, que están fomando parte dun Proxecto de Formación Permanente do Profesorado, que na actualidade se están a formar no eido da mellora da convivencia, da resolución pacífica de conflitos e, mais concretamente, na mediación escolar.

En vindeiras datas, convocaremos ás nais e pais a unha reuanión informativa, procederase á selección e formación do alumnado mediador, e iniciarase todo o proceso para par en marcha este servizo, que ten por obxecto,mellorar a convivencia no centro e favorecer a aprendizaxe de alumnos e alumnas en técnicas de resolución pacífica de conflitos.

Deixamos un enlace coa presentación empregada nas aulas para o traballo co alumnado sobre técnicas de resolución pacífica de conflitos que pode servir de axuda a calqueira membro da comunidade educativa, para coñecer un pouco mellor de que se trata a Mediación e que pretendemos favorecer coa mesma.

RESOLUCIÓN PACIFICA DE CONFLICTOS.ppt

 

MEDIADORES SELECCIONADOS CURSO 2014-2015


A creación do Servizo de Mediación xa está en marcha. Xa temos os mediadores e as mediadoras seleccionados e xa iniciaron o seu proceso de formación.

 

Durante os meses de maio e abril , o grupo de futuros mediadores e mediadoras do IES faro das lúas, recibirá un curso de formación no que aprenderán as técnicas necesarias para intervir como mediadores e mediadoras na resolución pacífica de conflitos. Elas e eles son os protagonistas desta nova experiencia no noso centro, foron seleccionados de entre 47 voluntarios , despois dun proceso no que, o mais importante, foi a elección dos seus propios compañeiros e compañeiras.

OS MEDIADORES ASISTEN ÓS III ENCONTROS DE CONVIVENCIA XUNTO CON MAIS DE 40 CENTROS DE GALICIA

O Equipo de Mediadores do IES Faro das Lúas, asistiu os pasados 17 e 18 de abril ós III encontros para a convivencia positiva, celebrados no IES Castro Alobre, e dos que o IES Faro das Lúas, foi centro colaborador.

Estes encontros celebráronse tendo como tema central a coeducación ou educación para a igualdade entre os sexos.

Asistiron 7 alumnos e alumnas e 6 profesoras, valorando todos e todas a experiencia como moi positiva, xa que se tratou de convivir, aprender e formarse de xeito conxunto con alumnado, profesorado e familias doutros centros de Galicia.

 

INFORMACIÓN PARA PAIS E NAIS DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

Se o teu fillo ou filla está a piques de iniciar a Etapa de ESO, serán moitas as dúbidas que tes sobre a nova estpa educativa e tamén sobre a adolescencia. Nos arquivos adxuntos podes atopar información que che pode axudar.

Saúdos e Benvidas e Benvidos ó I.E.S. Faro das Lúas

Titoriais por competencias

Estas tarefas están programadas para 4º de ESO, aínda que poden empregarse en tódolos cursos adaptando o nivel.

É recomendable unha tarefa por curso e non tres distintas; só por motivos expositivos inclúense tres nun mesmo curso.

Os agrupamentos de alumnos non deben superar seis membros.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut