Skip to Content

Orientación

INICIATIVA PROCARE

Para favorecer o coidado da comunidade educativa e o benestar emocional dos adolescentes, o Departamento de Orientación recomenda ás familias a Iniciativa Procare, ao que se pode acceder premendo na seguinte ligazón:


http://www.injuve.es/convocatorias/actividades/iniciativa-procare-sobre-problemas-emocionales-en-adolescentes

 

Programa de Ocio en Corentena

O Departamento de Orientación recomenda o PROGRAMA DE OCIO EN CUARENTENA (comunidade de Murcia) con algunhas cousas interesantes  para o alumnado durante este periodo de vacacións.(Premede na imaxe para acceder)

Solicitude de reserva de prazas

Ábrese o prazo de solicitude de reserva de praza nos centros públicos, que será do 1 ao 20 de marzo. Tedes toda a información e axuda na secretaría do centro e tamén no departamento de Orientación. Para acceder á aplicación que xestiona as solicitudes só tedes que premer na imaxe:

Probas de acceso a Ciclos Medios a Superiores

      Ábrese o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos medios

      e superiores de FP.

      As datas para inscribirse na de ciclos medios serán do 2 ao 13 de marzo

      e as probas celebraranse o 28 de maio.

      Podedes consultar o calendario completo das probas premendo na imaxe.

 

                            Deixámosvos a ligazón á web con toda a información da convocatoria aquí.

 

O alumnado de 4º ESO visita o Salón EDUGAL

O venres 14 de febreiro o alumnado de 4º ESO visitou o CIFP A Xunqueira e o 9º salón EDUGAL.

No CIFP A Xunqueira coñeceron a súa ampla oferta profesional mediante unha visita guiada preparada polo profesorado e alumnado do centro. Visitaron os diferentes obradoiros onde lles fixeron unha pequena presentación dos ciclos, as súas características, ámbitos profesionais e saídas laborais. Neste curso académico este centro conta con ciclos formativos de grao medio, superior e básico, nas familias profesionais de Electricidade, Mantemento de Vehículos, Madeira e Moble e Servizos Socioculturais e á Comunidade.

Ao rematar a visita acudiron ao Salón EDUGAL (Salón de oferta de educación e formación de Galicia), no que se puideron informar e asesorar sobre as diferentes opcións de formación que se ofertan en Galicia. Nos stands e expositores estaban as tres universidades, centros de ensino medio, CIFPs, asociacións, funadacións, empresas e escolas de arte, entre outros.

Distribuir contido


by Dr. Radut