Skip to Content

VISITA Ó XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE CÁLAGO

  O alumnado de 3º ESO acudimos en dúas quendas, o día 11 e o 16 de outubro, a Cálago para participar nunha visita guiada antes de que se pechase a segunda fase da escavación no xacemento arqueolóxico. Os responsables da escavación explicáronnos como conseguiron localizar os restos e insistíronnos na importancia da información que estes nos dan sobre os nosos antepasados: costumes, alimentación, xoias, diferenzas entre as vivendas da época castrexa e da época romana, relacións comerciais con outros pobos,…

  Como podedes ver nas imaxes, a visita espertou o noso interese e algúns mesmo quixeron "botar unha man". Os arqueólogos e o alcalde animáronnos a coidar o noso patrimonio e a non infravalorar a importancia deste lugar no que naceu a nosa vila e que, quen sabe aínda o que nos pode ofrecer en próximas escavacións.                                                                                                                                                                      

 

 



book | by Dr. Radut