Skip to Content

Certame de relato curto

 

Aló polo mes de febreiro varios alumnos e alumnas do Faro das Lúas participaron no VI Certame de Relato Curto da Fanpa de Pontevedra e cinco deles quedaron finalistas entre os case mil cen participantes desta edición. Parabéns a todos e especialmente a Wisam, Damien, Alba, Victoria e Javier.

 

Este luns, 11 de xuño, celebrouse o acto de entrega de premios no Pazo da Cultura de Pontevedra e alí foron os cinco acompañados polos seus pais e irmáns. O acto incluíu unha homenaxe ao autor Antonio García Teijeiro que lles dedicou unhas palabras de agradecemento e admiración aos participantes e que lles asinou os libros ao final. Tamén puideron gozar da magnífica actuación do coro do IES Xunqueira I e como non, todos recibiron un diploma acreditativo, un libro agasallo da editorial Kalandraka e, o máis importante, un exemplar do libro no que aparecen publicados os seus relatos.

 

Sabemos que xa están pensando no certame do ano que vén, así que ánimo e moita sorte, rapaces!

Máis fotos na galería

 



page | by Dr. Radut