Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Dúas alumnas do Eusebio premiadas nun concurso do Hospital Materno Infantil

 

O pasado xoves día 17 de novembro, dúas alumnas de 1º D, Lía Cañás Cortés e Laura Villa Latas, gañadoras do concurso de debuxo do día do prematuro, acudiron a recibir o seu premio ao Hospital Materno Infantil onde foron recibidas estupendamente por todo o equipo de neonatoloxía. Alí disfrutaron dun día diferente. Parabéns!

 

 

(Texto e fotos: Teresa Fraga

Entrega da recadación do Maratón de Lectura 2016 á Cocina Económica

Foto: M. José M. Girón (coordinadora da actividade), Alberto Martí (presidente da Cocina Económica), Isabel Ruso (directora) e as representantes do alumnado no Consello Escolar, Lucia Aymerich e Mónica Gestal.

O pasado xoves fíxose entrega ao presidente da Cocina Económica D. Alberto Martí do diñeiro recadado no Maratón de Lectura, actividade que foi coordinada pola profesora Dña. M. José Martínez Girón.

 


 

África contada

Onte, día 11 de novembro, conmemorábase o día das librarías. Con tal motivo o departamento de francés quixo render tributo a este acontecemento e invitou a Samuel Mountoumnjou para que lles contara historias aos nosos alumnos. 

Este contacontos, de orixe camerunés, aínda que vive en España dende hai algúns anos, adícase tamén ao ensino. Nestes intres atópase en Galicia facendo unha xira por centros culturais e institutos propagando a literatura oral africana, na que el foi educado.  

Faise rapidamente co público e, en especial, cos rapaces dende que sae á escena ataviado coas roupas típicas do seu país e acompañado por diversos obxectos que servirán de ilustración para a compresión dos seus contos.

O venres deleitounos cun primeiro conto “L’éléphant qui perdit son oeil”  adaptado dunha fábula de orixe camerunesa, para pasar despois a un conto etíope “C’est qui le roi?

 

Os alumnos axudábano no seu labor, colaborando na interpretación das distintas personaxes. Axiña se conseguiu un nivel alto de complicidade co público asistente. Temos que dicir que pasamos un bo rato no día da conmemoración do Armisticio de 1918 que marca o final dos combates da primeira guerra mundial, día festivo en Francia. Pasámosvos algunhas fotos tomadas durante o acto.

 

(Estas fotos e outras poden verse facendo clic aquí)


 

Unha alumna do instituto, campeona galega de patinaxe

A nosa alumna de 2º de bacharelato A, María Bilbao Palomo, pertence ao club Alquimia de Carral, patinando na modalidad de solo dance. Proclamouse campeona galega desta pasada temporada, clasificouse para o campeonato nacional e foi convocada pola selección española para o Open internacional de Hettange(Francia) desa modalidade.


Nas súas declaracións pódese apreciar o seu compromiso con este deporte: Tras una primera gran experiencia neste evento quede satisfecha en la posición número 13 de un total de 32 patinadores de mi categoría con un gran nivel.
Sigo trabajando duramente para superar estas clasificaciones en la próxima temporada. El patinaje es una parte muy importante de mi vida, me ayuda a crecer como persona y como deportista.

 

 

 

Enlace ás fotos


 

Charla divulgativa sobre neonatoloxía

O pasado día 26 de Outubro, a neonatóloga Dolores Eiriz Barbeito, supervisora da Unidade de Neonatoloxía do CHUAC, deu unha charla de divulgación aos alumnos de 1º ESO para que comprenderan o que significa ser prematuro. 


A charla resultou moi amena e cercana, e os alumnos tiveron despois tempo para preguntar dúbidas.


Agora lles toca aos alumnos facer un debuxo no que reflicten o que é para eles un neonato prematuro ou ben o que aprenderon coa charla.


De todos os debuxos dous serán seleccionados, e os alumnos gañadores irán o vindeiro 17 de novembro (día da prematuridade) ao Hospital Materno Infantil onde coñecerán de primeira man a Unidade de Neonatoloxía e recibirán un premio.


Teño que sinalar que a neonatóloga foise encantada do instituto pola boa resposta e comportamento dos nosos alumnos.


A todos eles , moitas grazas por participar e dicir que estamos á espera de coñecer os nomes dos gañadores.

Mª Teresa Fraga, vicedirectora

 

 

Biografía sobre un antiguo alumno do instituto

O pasado 23 de outubro o diario El Ideal Gallego recollía nun artigo a biografía de D. Santiago Casares Quiroga, que foi alumno do noso instituto e chegaría á xefatura do goberno na época da República. 

 


Fontenilles et ses élèves sont venus à La Corogne

Foto: Na Alameda de Santiago

 

Foto: Os nosos alumnos mostrando a cidade de Santiago aos seus colegas.

 

Foto: As profesoras acompañantes do grupo. (Fotos de Mª Jesús Quintáns)

Un ano mais os alumnos do collège Irène  Joliot-Curie  estiveron uns días con nós. Acompañados por tres profesoras entre as que se atopaba Mme. Tanis, profesora de español no centro francés e organizadora desta actividade no país veciño.

 

Foto: Ante a fachada da igrexa de Santa María en Betanzos

Un grupo de alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron ocasión de coñecer e trabar amizade con rapaces da súa mesma idade tanto nas súas casas coma no instituto. O programa preparado para eles estivo cheo de actividades diversas co obxectivo de dar a coñecer a nosa cultura e linguas. Hai que recoñecer que un dos puntos mais fortes é o de establecer lazos entre a rexión de Midi Pyrénées e Galicia. Xa van varias xeracións de alumnos  que participan neste intercambio, entre eles están varios irmás das mesmas familias.

 

Foto: Visitando Betanzos

A continuidade da labor está presente no ánimo dos organizadores, dados os beneficios que a todos nos aporta. Agradecementos  ao collège amigo de Fontenilles e á súa directora Mme Lemé. Non podemos esquecer aos nosos alumnos e ás súas familias sempre dispostas a colaborar. Grazas a todos pola vosa labor.

 

 

O departamento de Francés do I.E.S. Plurilingüe Eusebio Da Guarda

 

Foto: Nas Fragas do Eume

 

Foto: Ante o Castelo de San Antón


 

 

Un antiguo alumno do Eusebio, premiado polo MIT pola súa esperanzadora investigación

 

Hoxe o diario La Voz de Galicia recolle na sección de Salud a entrevista cun xoven de 30 anos, César de la Fuente Núñez, antiguo alumno do Eusebio, cunha prometedora carreira investigadora na rama da Biotecnoloxía. César investiga como podemos vencer ás superbacterias, bacterias resistentes a tódolos antibióticos coñecidos, e que polo tanto representan unha clara ameaza contra todos nós. Podes ler o artigo facendo clic na fotografía, tomada tamén deste artigo citado.


 

 

Recepción municipal aos integrantes do intercambio Salerno-A Coruña

 

Onte o Excmo. Alcalde de A Coruña, Sr. Xulio Ferreiro, recibíu a expedición de Salerno que estes días está a coñecer a nosa cidade e cultura. (Fotos: Benigna Vidal)


 

Chegada dos alumnos de intercambio

 

Hoxe 12 de outubro chegaron os alumnos do intercambio entre Salerno e A Coruña. Benvidos!


 

Visita ao CERN

 VIAXE A XENEBRA (23-27 SETEMBRO 2016)

O curso pasado, o departamento de Física e Química decidiu poñer en marcha unha viaxe diferente ás que se viñan organizando no instituto ata entón, unha viaxe que tiña unha parte científica interesantísima que era visitar o CERN (European Organization for Nuclear Research), ademais de coñecer a cidade de Xenebra, e como non, algún dos museos que alí se atopan.

(Pinchar na imaxe para ver máis fotografías)

 O venres 23 de setembro, despois dun bo madrugón, saimos no avión cara a Xenebra, onde esa mesma tarde visitamos o Pazo das Nacións Unidas, unha visita que nos pareceu moi interesante pola defensa que dende alí se fai dos dereitos humanos, visitamos a sala dos dereitos humanos e da Alianza de civilizacións decorada por Miguel Barceló, a sala dos pasos perdidos, a sala das asembleas e a sala do Consello.

Ao día seguinte, chegou o prato forte da viaxe, erguémonos cedo e collemos o tranvía cara ao CERN, os 26 rapaces e as dúas profesoras que os acompañabamos (Mª Carmen Díaz Cabanas e Teresa Fraga) estabamos moi ilusionados. Durante a visita guiada por dous enxeñeiros encantadores, entendemos o que alí se facía, comemos no CERN e pola tarde fomos á parte vella da cidade para dar unha volta polas rúas. Cea e a descansar.

O domingo 25, visitamos o museo da Cruz Vermella, a algún dos rapaces pareceulles un pouco duro polos asuntos humanitarios que alí se amosan e onde a axuda da Cruz Vermella é importantísima (situacións de guerra, de catástrofes naturais…). Comemos na cafetería do museo e pola tarde saímos cara ao centro da cidade para ver o surtidor Jet d´eau e pasear polo lago Leman.

O luns día 26, volvemos  ao CERN onde tiñamos concertada unha visita informal ás dúas da tarde. Comemos na cafetería que estaba chea de científicos de todo o mundo e puidemos apreciar o  estupendo ambiente que alí había. Mar Capeáns, física galega que traballa no CERN dende hai moitos anos, agardábanos na entrada, e presentounos a outros tres científicos galegos que nos ían facer de guías (guías de luxo), para ensinarnos como era o seu día a día. Deixáronnos encantados e con algunha vocación de futuro entre os nosos alumnos.

Pola tarde tocaba a busca do tesouro, fixemos seis equipos, repartimos mapas da cidade e instrucións en inglés e os rapaces puxéronse en marcha percorrendo a parte antiga da cidade de punta a punta, acabaron esgotados (nós tamén), pero pasárono moi ben, e o obxectivo de coñecer a cidade e un pouco da súa historia estaba conseguido.

O martes día 27 tocaba a volta a España. Como o avión saía as 18.00 horas, pola mañá aproveitamos para coñecer o museo etnográfico que nos encantou a moitos de nós.

Maletas, tranvía, aeroporto…, o que prometía ser unha volta tranquila truncouse pola néboa na Coruña e o desvío do avión cara a Santiago, dende alí autobús e chegada a Coruña, tarde e cansos, pero encantados coa viaxe realizada.

Esperemos que o ano que vén repitamos esta experiencia!!!

Chegada do auxiliar de conversa para o curso 2016/17

O auxiliar de conversa Tyler Scott McKechnie, enviado pola Consellería tras a firma dun convenio coa prestixiosa Fundación Fulbright, chega ao Eusebio.

A noticia ven recollida no diario El Correo Gallego. O auxiliar comenzou o mércores 21 de setembro as labouras para as que foi designado. Noraboa!

 

PRESENTACIÓN DE CICLOS

A presentación dos Ciclos para o curso 2016/17 será o venres 16 de setembro ás 18 horas.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut