Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Videos da iniciativa "Clases sen fume"

"Todo o alumnado"

"Subida do cigarrillo"

"Canción"

"Verbas da Directora"

"Presentación 1º ESO A"

"Presentación 1º ESO B"

"Presentación 1º ESO C"

"Presentación 1º ESO D"

(Actividade levada a cabo polos titores de 1º da ESO. Os videos sson do profesor Roberto Zuluaga)

Presentación do disco Hot News

 

O pasado xoves 25 de xuño o pianista Federico Mosquera Martínez -exalumno do Eusebio-, a violinista Mihai Andrei Tanasescu Kadar e a violonchelista Rosalía Vázquez García presentaron o seu disco "Hot News". O elemento central do mesmo é a crise. Os temas foron compostos por José Vázquez.

La Voz de Galicia e La Opinión de A Coruña fixéronse eco do acontecemento.


 

Viaxe aos Picos de Europa de 4º ESO

 (hai moitas fotos máis facendo clic na imaxe)


 

Concurso Canguro Matemático 2015

(Hai máis imaxes. Fai clic para velas)


 

Rafting no río Ulla do alumnado de 3º ESO

 (fai clic na imaxe para ver máis fotos)


 

Sendeirismo e Kaiak nas Fragas do Eume

Para finalizar o curso 14/15, o alumnado de 1º ESO, o pasado 18 de xuño, realizou unha actividade no entorno das FRAGAS DO EUME, na que se combinaron 2 actividades: roteiro (7 kms aprox) e Kaiak no encoro de Monfero. 

Tras un duro e longo curso, de adaptación a un novo centro, novo profesorado e novos compañeiros, todos se relaxaron e disfrutaron da natureza na compaña dos seus titores, Roberto (1ºA), Ricardo (1ºB), Cristina (1ºC) e Silvia (1ºD), e Alejandro (FR).

(fai clic para ver máis fotos)

Finalizouse a xornada cunha parada diante do Mosteiro de Monfero, antes de regresar a nosa cidade.

 

Parabéns a todo o alumnado, tanto dos monitores da empresa como dos profesores,  polo seu comportamento e destreza nas actividades realizadas.

Prof. Roberto Zuluaga

Alumnos de 1º ESO foron invitados a un partido do Depor

O pasado 18 de abril, máis de 80 alumnos/as de 1º ESO tiveron a fortuna de presenciar no Estadio de Riazor, o encontro de fútbol DEPOR-AT. MADRID, en tribuna.

A pesares de que o resultado 1-2, non foi do agrado da meirande parte do alumnado, o seu alento quizáis serviu para que finalmente o DEPOR acadase a tan ansiada permanencia na máxima categoría do fútbol español.

 

(fai clic para ver máis fotos)

Os alumnos foron acompañados por Roberto e Ricardo (titores) e por varios adultos máis.

 

Grazas a Mónica Ferreño (nai dunha alumna), quen fixo posible que moitos alumnos  pisasen por primeira vez o Estadio de Riazor.

Prof. Roberto Zuluaga

Excursión de 2º ESO ás Fragas do Eume

Os alumnos de segundo da ESO celebraron o fin de curso visitando un dos paraísos naturais autóctonos: as Fragas do Eume. Foi toda una experiencia de convivencia, diversión e de retos superados: cambiar a pegada do asfalto polo contato coa terra, sortear troncos e fiunchos sen esvarar, atravesar corredoiras agarrados a unha corda, comer ao aire libre e deixar o contorno tal e como o atopamos ao adentrarse nas Fragas navegando polo río en "kayak" e refrescándonos despois nas súas augas. Unha aventura, sen dubidalo, digna de volver a ser repetida.

 


 

Becas de estudo no Centro Superior de Hostelería de Galicia

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), entidade de gran prestixio nas ensinanzas de Xestión Hoteleira e de Xestión de Cociña, ven de publicar na súa páxina web unha nova a cerca de Becas de estudo para os mellores expedientes académicos que se presenten.

 

O prazo remata o 15 de xullo de 2015.

 

Infórmate facendo clic, chamando aos teléfonos 981 54 25 19 o 981 54 25 59 en horarios de 9
a 14 horas, ou ben pasando polo departamento de Orientación.

 


 

Agasallo polo Entroido 2015 (1º ESO)

A clase de 1ºA ESO, foi agasallada polo equipo directivo, cun ben merecido “chocolate con churros”, pola súa posta en escena da parodia “Onde está Wally???”, durante o pasado concurso de Entroido do instituto.

 

 

(Fotos: Roberto Zuluaga)

 

 


 

Educación Vial - Karts (2º ESO)

O alumnado de 2ºESO, durante o pasado mes de abril, a través do departamento de EF, realizou un curso de Educación Vial, nas instalacións do Karting Marineda. Tras unha curta aínda que didáctica charla, pasaron a facer unha pequeña pero divertida actividade práctica ao volante dos karts, nas que algúns amosaron a súa habilidade ao volante.

 

 

 

 

(Fotos: Roberto Zuluaga)

 


 

Visita ao Museo de Belas Artes (1º ESO)

 

 

Durante os pasados meses de febreiro e marzo, o alumnado de 1º ESO a través do departamento de EPV e dos seus titores, acudiron en dúas ocasións ao Museo de Belas Artes da Coruña. A primeira visita serviu para coñecer as diferentes salas do Museo a través da actividade  “Enigma no Museo”, pequeño xogo de pistas. A segunda visita foi para realziar a visita “O primeiro Picasso”, onde se atoparon con algunas dasobras creadas por Pablo Picasso durante a súa estancia na cidade da Coruña, e máis en concreto, durante os seus estudos de Artes no noso instituto.

 

 

 

 

 

(Fotos de Roberto Zuluaga)

Patinaxe sobre xeo (1º e 2º ESO)

Durante os pasados meses de decembro e xaneiro, o alumnado de 1º e 2º ESO, a través  do departamento de EF, acudiron a realizar unha actividade tan gratificante como é o Patinaxe sobre Xeo, na pista ubicada no exterior do centro comercial Marineda.

 

 

O seu comportamento foi excelente e non tivemos que lamentar ningunha lesión de gravidade, máis alá dalgunha pequena caída simpática.

 

 

(Fotos: Roberto Zuluaga)


 

Festival da Francofonía 2015

 

"O día 19 de maio asistimos ao festival da Francofonóa en Vilanova de Arousa xunto cos nosos profesores Juan Carlos Méndez Ávila e Mª Jesús Quintáns. Actuaron varios institutos de Galicia, entre eles o Eusebio. Actuamos case dos últimos cantando a canción "Toi et moi" de Guillaume Grand.

 
O son era bastante malo, xa que era un pabellón de deportes, pero o festival foi divertido. Despois de ver a actuación de tódolos grupos, fumos á praia en autobús. Alí tomamos o xantar que trouxeramos da casa. Case todos levaban a camiseta da Francofonía, o que facía  difícil distinguir un grupo doutro. Despois voltamos ao autobús e ás 18:00 h. xa estabamos na Coruña.

Ángela Martínez Loureiro

Lucía Justo Armesto
1º ESO A "

 Máis fotos:
 
 

Axudas para libros de texto na ESO

Publicada a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

 

Publicada a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso escolar 2015/16.


 

Dúas alumnas na fase final da competición nacional de Dirección Estratéxica de Empresas

Andrea López Carballo e Sueli Aller López e a súa profesora Ana M. Sánchez Cortizas  terán a posibilidade de participar na XIII Competición Nacional do Simulador de Dirección Estratéxica de Empresas do Reto Alcoa, que se disputará os vindeiros 18 e 19 de xuño en Madrid.

Moita sorte!


 

Videos da graduación de 2º Bacharelato 2015

Dirixido e realizado pola nosa alumna Ana Sanmiguel Castro, xa podes ver o video que despide os alumnos de 2º de Bacharelato do Eusebio, curso 2014/15.

E tamén temos o video do discurso de Ignacio Roura:

Actualización: Engadimos algunhas fotos de familia e tamén o publicado hoxe en La Voz de Galicia:

 

 

Gracias os nosos colaboradores!


 

 

Unha curtametraxe que da moito que falar: "Contigo siempre"

"Contigo Siempre", curtametraxe de Nuria García Montiel, ten imaxes rodadas no noso instituto, asemade outros emprazamentos da nosa cidade herculina.

A autora está pletórica polas continuas alabanzas que recibe a nivel mundial, mesmo con premios coma mellor guión no Delhi International Film Festival da India.

Aínda que hai imaxes que poden ferir sensibilidades, cremos que certamente é algo que paga a pena ver.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut