Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

IGUAIS NA DIVERSIDADE

No Eusebio da Guarda, estamos a crear un grupo de alumnado e profesorado chamado "Iguais na Diversidade", para facer actividades ao longo do curso, e este venres é a primeira asemblea informativa.

A operativa é que vós, o alumnado, propoñades actividades e accións de concienciación, co fin de establecer o Eusebio da Guarda un centro libre de violencias machistas e de ataques LGBTIfóbicos.

Estas actividades poden ser nas datas conmemorativas do 25M (contra a violencia machista), 8M (da muller traballadora), 26A (visibilidade lesbica), 17M (contra a LGBTfobia)..., e poden ser murais, expos fotográficas, vídeos, performance, photocall....ou tamén cine forums, análise de artigos, etc.

Nas reunións periódicas tamén poderemos compartir experiencias vitais para así conseguir o apoio e axuda do grupo ante determinadas situacións.

Se compartes estas inquietudes, achégate o venres 11 de outubro.

Reunión do 15 de outubro:

O exalumno Eduardo Lampón Sánchez recibiu o Premio Excelencia Académica de Galicia 2019

Está cursando 3º curso do Grao de Dereito. No correo que nos enviou di: "La verdad es que ese día -cando recolleu o premio- me acordé mucho del Eusebio y sus profesores, pensando que seguramente no hubiera aprovechado tanto mi paso por la universidad de haber estudiado en otro instituto."

O exalumno Nacho Roura tamén foi premiado, pero non puido asistir ao acto.

NORABOA aos dous!

Eduardo Lampón no centro

Entrega de diplomas aos Embaixadores junior do PE

Os nosos Embaixadores junior do PE recibiron esta semana os diplomas de recoñecemento que outorga a oficina do PE en España como parte do programa Escolas Embaixadoras do PE do que o noso  Instituto é  Escola Embaixadora desde o curso 2018-19 da man de Beni Vidal Tomé, coordinadora do Programa. O labor de difusión dos valores e institución europeas iniciado o curso pasado co alumnado de 1º de Bach de Oratoria terá continuidade este curso con 4º de ESO.
Ademais queremos compartir con toda a comunidad educativa a nosa alegría por ter sido convidados polo eurodeputado Sr Millán Mon a visitar a sede do PE en Bruxelas en marzo de 2020.

Proxectos de centro para cada curso

Son propostos pola comunidade educativa para traballalos ao longo de cada curso. O seu deseño corre a cargo do exprofesor Xulio Cuba.

Curso 22-23

 

 

 

Curso 2021-22:

 

Ligazón aos logos

 

O Instituto Eusebio participa na Fase Autonómica da I Olimpíada Científico Xuvenil

Tres equipos (9 participantes) veñen de participar na Olimpiada Científica Xuvenil, que tivo lugar na Facultade de Matemáticas en Santiago. Alí estaban algo máis dun cento de representantes de diferentes institutos de Galicia.

 

web oficial

Quecemento global

No marco da Global Climate Strike (folga xeral polo clima) convocada en todo o mundo o venres 27 de setembro, o alumnado do IES Eusebio da Guarda concentrouse diante do centro ás 11:10 da mañán durante 4 minutos e 15 segundos. Un acto que serve de reflexión en torno ao gran sinal de alarma que supón alcanzar unha concentración de partículas de dióxido de carbono na atmósfera de 415 ppm (partes por millón), nível que non se rexistraba dende hai máis de tres millóns de anos.

 

Ademais escoitou unha pequena declaración lida pola alumna de 2º de Bacharelato Elena Lado, representando ao alumnado e por extensión a toda a comunidade escolar do IES Eusebio da Guarda, sobre o que supón o quecemento global do planeta, como afrontar as súas consecuencias e cales son demandas aos governantes ante a grave crise medioambiental que está a causar.

Texto do manifesto, pola alumna de 2º Bach Elena Lado

 

Cuarta visita ao CERN

Alumnos de Física de segundo de bacharelato viaxaron a Xenebra para visitar o Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN). Foron acompañados polas profesoras Loli Blanco e Minia Prego.

 

ESA - Educación Secundaria de Adultos

 

PRESENTACIÓN E INICIO DE CLASES:

 

Luns 23 de setembro ás 18:30 h.

 

ESO e Bacharelato diúrno: Matrícula setembro para o curso 2019-20

MATRÍCULA DE SETEMBRO PARA ESO E BACHARELATO DIÚRNO PARA O CURSO 2019-20

 

5 de setembro, de 9:00 a 14:00 h

Os impresos para a matrícula pódense recoller en conserxería ou descargar aquí.

 

A USC recoñeceu a 12 alumnos deste Instituto como Mellores Expedientes 2019

 

Na foto o alumno Alfredo Chavert Sancho acompañado pola Coordinadora de bacharelato e profesroa de Lingua Galega Beni Vidal e a Directora Isabel Ruso:

 

Galería de fotos no Corrego Gallego

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut