Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Alumna e alumnos do Eusebio recollen os diplomas de haber participado na XXX fase galega da Olimpiada de Física

Martín García, Alfredo Chavert (1º posto) e Sabela Tembrás recollen os diplomas da participación na XXX Fase Local da Olimpiada de Física.

Ligazón á noticia do gran éxito dos nosos alumnos na fase local da Olimpiada de Física

 

Alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO de Francés están en Fontenilles de intercambio

Acompañados pola profesora Chus Quintáns e o profesor Juan Carlos Méndez.

Exposición Dalí – Arte – Dalí –Ciencia – Dalí – Soño – Dalí

A través da obra pictórica de Dalí repasamos conceptos como a proporción áurea, as imaxes dobres, xeometría proxectiva, a teoría da relatividade, os fractais, a topoloxía, a estrutura do ADN, as partícualas elementais e tamén algo de música.
Unha boa combinación de Ciencia, Arte e Música de forma amena e comprensible.

O Instituto Eusebio na VI edición de Carballo Interplay

Os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato con Debuxo e Debuxo Artísitico participan na VI edición de Carballo Interplay, nunha actividade organizada polo Departamento de Artes Plásticas.

As alumnas e alumnos de Relixión de 4º de ESO visitan o Fogar de Santa Lucía en Bens

Alumnos de 4º Eso de Relixión foron a compartir o seu tempo e a escoitar as experiencias das residentes e monxas do Fogar de Santa Lucía en Bens, adicado a a coller mulleres da rúa. Foron acompañados de Baldomero Carballada, Mar Naveira, Charo Soto e Antonio Fondo.

 Ver fotos

12ª Xornadas de ADDIGA: "Educación para a diversidade: unha educación para todos/as"

O secretario xeral técnico de Consellería de educación inaugura o Congreso da Asociación de Directores e Directivos de Institutos de Galicia (ADDIGA) presidida pola nosa directora Mª Isabel Ruso.

POETAS E SOLIDARIOS

O luns 1 de abril, o alumnado de 1 BACH A, B, C, F presentou os seus traballos sobre romances ou cantares de cego, coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura, Teresa Pastor Novo, dentro dos contidos conceptuais da literatura tradicional de transmisión oral, correspondente aos Séculos Escuros. Ademais do recitado dos seus cantares, acompañaron a representación con cadanseus cartelóns ou maltrañas, obra tamén do dito alumnado. A este acto asistiron, ademais dos propios autores, Pilar Pardo, Conselleira da ONCE na Coruña; Pura Galán, coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística da provincia da Coruña; e Norma Dovale, monitora de actividades do Club de Maiores da ONCE da Coruña, quen acompañou doce afiliados que tamén acudiron amablemente a este evento.

Un alumno participa no programa “Tecnólogo por un día"

O alumno Mario Pérez Plaza, de 1º da ESO, participou na segunda edición da actividade  organizada pola Amtega "DIGITALENT: Tecnólogo por un día". O alumno disfrutou compartindo un día de traballo grazas á participación da empresa CINFO, empresa que diseña ferramentas sinxelas para a emisión dixital de televisión, coma por exemplo o uso de tecnoloxía de visión por computador que xunto a algoritmos de aprendizaxe automático permiten crear un canal de televisión en internet sin desprazar equipos ao lugar de grabación.

 

A conselleira de Educación Carmen Pomar visita o Instituto Eusebio da Guarda. 1ª fase da rehabilitación: 1,4 millóns de euros

A Consellería presentou hoxe no noso centro a 1ª Fase da rehabilitación integral do Instituto: arranxo e pintado de fachadas e interior dos dous edificios, renovación de ventás, instalación eléctrica interior, cambio de luminarias, cuberta, canlóns e patios interiores.

A comunidade educativa congratúlase da boa nova que se completará cunha 2ª Fase que afectará ao resto da rehabilitación.

Noticia na Voz de Galicia:

Noticia no Ideal Gallego:

1º de ESO fai a Ruta da Costa da Morte

Nunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística que dirixe a profesora de Lingua Galega Carmen Edreira. Ademáis desta profesora, as alumnas e alumnos estiveron acompañados polas profesoras e profesores María Viturro, Rocío Rodríguez, Mª Eugenia Pérez, Adrián Martín, Nuria Berdiales, Noemí Díaz e Antonio Fondo.

 

Visita ao intermareal de Santa María de Oza

Visita ao intermareal de Santa María de Oza, na Coruña, realizada polos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato do IES Eusebio da Guarda. Esta actividade está integrada dentro do Festival Mar de Mares, e foi dirixida por persoal do Instituto Español de Oceanografía.

Actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

 

 

A voltas coa presión: "Inmersos no aire, miramos ao ceo"

Esta práctica de laboratorio titulada "Inmersos no aire, miramos ao ceo" foi realizada en colaboración coa Universidade da Coruña, que realizou unha recopilación de datos dos coñecementos previos dos rapaces de 1º da ESO do IES Eusebio da Guarda, acerca da presión atmosférica. Colabora e organiza o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

O artista Marco Moreira estivo cos alumnos de Plástica de 4º de ESO

Unha actividade organizada pola profesora de Artes Plásticas Eva Vérez.

 

Campus científicos de verán para alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato

 

 NOTA: O prazo de presentación de solicitudes finaliza ás 13:00 h do 1 de abril.

 

Visita de algúns alumnos de 2º Bach ás Facultades de Física e Química de Santiago

Profesores e alumnos de ditas Facultades fixeron de guías nunha interesante visita. Estiveron acompañados pola profesora de Física e Química Loli Blanco (e organizadora) e as alumnas de Máster Patricia Gaudino e Mª de las Nieves Fernández.

Intercambio con Stamford 2019: estancia dos alumnos do Eusebio en Stamford

Un grupo de alumnas e alumnos deste Instituto está de intercambio dunha semana en Stamford, nunha actividade organizada pola profesora de Inglés Mª José Pereira na que colabora o profesor de Educación Física Sebastián Selas.

Vídeos de clases de español aos alumnos de infantil:

Vídeo 1:

Vídeo 2

Vídeo 3

 

Ir a estancia dos alumnos ingleses na Coruña

Intercambio con Verona: estancia dos alumnos italianos na Coruña

50 alumnas e alumnos do Liceo ITS Pasoli de Verona, acompañados polas súas profesoras, están do 20 ao 27 de marzo na Coruña nun intercambio co Instituto Eusebio da Garda, en resposta á visita dos nos alumnos que se celebrou o pasado febreiro.

 

Noticia na Opinión A Coruña:

Distribuir contido


by Dr. Radut