O 26 de outubro durante o primeiro recreo, no laboratorio de Ciencias (2º andar) teremos unha reunión informativa para explicar como é o programa de recuperación de materias pendentes de Bioloxía e Xeoloxía para este curso.
Para empezar, e por se non podedes asistir á reunión, tedes 4 adxuntos informativos:
- Datas aproximadas dos exames.
- Convocatoria desta reunión (coma sempre poranse carteis polo centro)
- Contidos mínimos para recuperar 1º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA. LOMCE
- Contidos mínimos para recuperar 3º ESO.
- Contidos mínimos para recuperar 1º BAC.
- Procedemento recuperador para o alumnado de 1º PMAR (ámbito científico)
Os alumn@s con pendentes da anterior lei educativa (LOE): 1º ESO CIENCIAS NATURAIS e 2 ESO estarán a cargo do Departamento de Física e Química.
Se queredes coñecer os criterios de cualificación das materias pendentes os tedes como adxuntos na entrada ANEXOS DA PROGRAMACIÓN: avaliación.