Eventos
Iniciar sesión |
Curso 2018 19Fútbol GaélicoEnviado por iesproval o Mar, 2019-05-28 11:20
O martes 28 de maio o alumnado de 4º de ESO da matería Educación Física participou nunha xornada deportivo-recreativa de fútbol gaélico promovida polo clube Turonia Gondomar FG. Trátase dun deporte que ten as súas orixes no século XVI e que, ademáis de ser moi completo a nivel motriz, fomenta valores coma o respecto polo rival, a coeducación, o xogo limpo e o compañeirismo. No campo municipal As Gaiandas, os rapaces e rapazas recibiron unhas nocións básicas que logo puxeron en práctica nun campionato triangular. A noso agradecemento a Gonzalo, presidente do clube, e ao seu equipo técnico polo seu bo facer. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade ( categories: )
Visita a PontevedraEnviado por iesproval o Sáb, 2019-05-25 08:32
O xoves 16 de maio, o alumnado de 4º de ESO e da materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato visitou Pontevedra. Estiveron no Museo, no edificio de Arte Contemporánea, disfrutando da obra de Castelao, Maside, Colmeiro ou Maruxa Mallo. E despois de xantar, visitaron o Castelo de Soutomaior paseando polos seus xardíns e polo interior, onde puideron visionar uns videos moi didácticos sobre unha etapa da nosa Historia complexa e non sempre explicada en clase. ( categories: )
Letras Galegas con Mofa e BefaEnviado por iesproval o Sáb, 2019-05-25 08:30
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega de Proval organizou o pase no centro da obra Craneos Privilexiados de Mofa e Befa Preme na fotografía inferior para ver o álbum desta actividade ( categories: )
Celebrando os maiosEnviado por iesproval o Sáb, 2019-05-25 08:27
Un ano máis celebramos esta festa en Proval. E este foi o noso maio.... ( categories: )
Intercambio de librosEnviado por iesproval o Xov, 2019-05-23 10:32
En Proval celebramos o Día Internacional do Libro, o pasado 23 de abril, con varias actividades entre as que destacamos o intercambio de libros. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade.
( categories: )
A represión franquista no Val MiñorEnviado por iesproval o Mér, 2019-05-22 10:55
O pasado luns 13 de maio acompañáronnos, nun triste pero necesario repaso pola Historia do Franquismo e da Transición, Telmo Comesaña, Celso López e Manolo Pipas. Asistiu o alumnado de ESO e Bacharelato así como o alumnado de ESA. Todos os grupos valoraron moi positivamente este tipo de charlas. Esperamos poder seguir abrindo a escola á vida Selecciona a foto inferior para ver o álbum da actividade. ( categories: )
Computación evolutivaEnviado por iesproval o Dom, 2019-05-05 22:49
O venres 29 de abril tivemos a ocasión de coñecer a Intelixencia Artificial no taller temático Computación evolutiva: un modelo de IA para a resolución de problemas. Foi impartido por Alberto J Bugarín Diz, Catedrático da Universidade de Santiago, dentro do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC. Participou o alumnado de TIC de Bacharelato. Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum da actividade. ( categories: )
Complementando a nutriciónEnviado por iesproval o Dom, 2019-05-05 22:49
Durante o mes de abril, nas clases de bioloxía de 3º ESO, estamos estudando a nutrición. E complementamos o tema cunha actividade moi motivadora para o alumnado: a elaboración de empanadillas, guiados polo responsable da cafetería do centro e cociñeiro da mesma. Posteriormente cada alumno calculou o valor nutritivo dese plato de comida Plantexámonos como obxectivo desta actividade a reflexión do alumnado sobre a finalidade da súa alimentación e a concienciación sobre a importancia da elaboración dos nos propios alimentos por seren máis sans, sempre que conteñan ingredientes de calidade Seleccionando a foto inferior podemos ver ao alumnado de 3º ESO B coa profesora da materia, Pura González, e o responsable da cafetería do centro, Javier Rodríguez
( categories: )
Competición de RobotsEnviado por iesproval o Lun, 2019-04-29 10:00
Alumnado de 1º de Mantemento Electrónico e da materia de Robótica de Bacharelato participaron o venres 26 de abril na IV Competicións de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum desta actividade ( categories: )
Gañadores do torneo de XadrezEnviado por iesproval o Lun, 2019-04-29 09:58
Despois dun segundo trimestre de torneo de Xadrez na Biblioteca, chegou o momento da entrega de premios nas duas categorías establecidas... E os gañadores foron:
Selecciona a foto inferior para ver o álbum
( categories: )
![]() |