Skip to Content

Fútbol Gaélico

O martes 28 de maio o alumnado de 4º de ESO da matería Educación Física participou nunha xornada deportivo-recreativa de fútbol gaélico promovida polo clube Turonia Gondomar FG.

Trátase dun deporte que ten as súas orixes no século XVI e que, ademáis de ser moi completo a nivel motriz, fomenta valores coma o respecto polo rival, a coeducación, o xogo limpo e o compañeirismo.

No campo municipal As Gaiandas, os rapaces e rapazas recibiron unhas nocións básicas que logo puxeron en práctica nun campionato triangular. A noso agradecemento a Gonzalo, presidente do clube, e ao seu equipo técnico polo seu bo facer.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> FutbolGaelico


album | by Dr. Radut