Eventos
Iniciar sesión |
Proval na prensaSaída á Serra do GaliñeiroEnviado por iesproval o Mar, 2018-10-02 23:07
Alumnado e profesorado de ESO e Bacharelato realizaron unha saída á Serra do Galiñeiro o luns 1 de outubro. Durante esta actividade puideron coñecer o patrimonio histórico e natural e, ademáis, colaboraron coa Comunidade de Montes de Vincios na retirada de miles de exemplares de eucalipto que colonizaron zonas afectadas polos incendios forestais do ano pasado. Así recolleu a prensa este evento.
( categories: )
Premio de Innovación a OlloSip de ProvalEnviado por iesproval o Mar, 2018-05-29 13:30
Ollosip, proxecto coordinado polos profesores Carmen Currás e Fernando Rodríguez e desenvolto nas aulas como froito da colaboración entre o IES Escolas Proval e o IES Ricardo Mella de Vigo, ven de acadar un dos premios a Proxectos de Innovación da Consellería de Educación. Ollosip é un sistema que integra videovixiancia, control de accesos ou voz IP, entre outras prestacións e está desenvolto totalmente nos centros participantes en base a unha Raspberry Pi. Acaba de ser presentado na edición de Expelectrónica celebrada o 28 de maio no noso IES Así recolle a prensa este premio: ( categories: )
Alumno de Electrónica de Proval, seleccionado para o CERNEnviado por iesproval o Mar, 2018-05-29 13:28
Abel Núñez, alumno do Ciclo Formativo de Grao Superior Mantemento Electrónico do IES Escolas Proval ven de ser seleccionado para traballar no CERN. Noraboa, Abel!!
Enlaces a esta nova na prensa: ( categories: )
A Rockestra Proval no Faro de VigoEnviado por iesproval o Sáb, 2018-01-20 20:09
O pasado 19 de xaneiro o xornal Faro de Vigo incluíu unha ampla reseña da Rockestra Proval, creada a principios deste curso académico e que fixo a súa presentación no programa Luar o 5 de xaneiro. Selecciona a foto inferior ou accede ao documento adxunto para consultar a páxina completa do xornal. Enlace á web de Faro de Vigo (contido accesible só para suscritores) Enlace a Val Miñor TV ( categories: )
A Rockestra Proval no LuarEnviado por iesproval o Sáb, 2018-01-06 01:14
O venres 5 de xaneiro a Rockestra Proval actuou no Luar baixo a dirección de Paula Carreras, profesora de Música. Parabéns!!
( categories: )
Proval en La Voz de Galicia: Un Instituto que mira arredorEnviado por iesproval o Lun, 2017-12-04 18:20
( categories: )
Escolas Proval no Xornal Escolar de AtlánticoEnviado por iesproval o Mér, 2017-03-15 17:26
Hoxe recóllese unha ampla referencia ao noso centro no Xornal Escolar de Atlántico. Pulsa na seguinte foto para acceder a máis información: ( categories: )
![]() |