Skip to Content

Curso 2013-14

MASTERina CARREIRAS, Meco 2014 en Proval

Meco 2014 Proval

MASTERina CARREIRAS é o meco 2014 no IES Escolas Proval. No arquivo adxunto temos o texto do poema cos mandados de Masterina para realizar nesta semana.

Entrevista a Manuel Martínez

O Xefe de Departamento de Electrónica fala do premio a "Expoelectrónica Proval 2013" no programa "A tarde" da Radio Galega.


6:16 minutes (5.75 MB)

O IES Escolas Proval: premio por un proxecto de innovación tecnolóxica desenvolvido durante o curso escolar 2012-2013

O IES Escolas Proval foi merecedor dun premio por valor de 10.000 € na convocatoria realizada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. O proxecto premiado foi a exposición Expoelectrónica Proval: Un proxecto colaborativo de innovación e difusión para os novos ciclos de electrónica, realizada no terceiro trimestre do pasado curso. Parabéns da comunidade educativa do IES Escolas  Proval aos alumnos e profesorado do Departamento de Electrónica polo éxito do traballo desenvolvido.

No Faro de Vigo do pasado 6 de xaneiro aparece unha reseña do resultado da convocatoria, na que, xunto co noso, resultaron premiados outros oito centros galegos.

 Expoelectrónica Proval 2013

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut