Skip to Content

Curso 2016-17

O mercado de Sabaris: Video do alumnado de Economía

Xogos Olímpicos Escolas Proval 2017

  O venres 23 de xuño despediremos o curso coa I edición dos Xogos Olímpicos do IES Escolas Proval. 

 

Olimpiadas Proval

Olimpiadas Proval

Concerto de fin de curso do noso alumnado de Música

O xoves 22 de xuño o alumnado de Música do IES Escolas Proval ofrecerá un Concerto de Fin de Curso. Será ás 20 horas no Salón de Actos.

Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral e ás familias en especial coa que se fecha unha serie de actuacións desenvoltas no presente curso, tanto no noso centro como noutros da contorna.

O repertorio abranguerá cancións actuais e míticas da historia da música pop, rock, da música española, unha cantiga de Santa María (Alfonso X) e pezas de percusión con material reciclado.

Actuará alumnado de 1º e 3º de ESO na primeira parte e alumnado de 4º ESO e Bacharelato na segunda parte. Todos eles baixo a dirección da profesora Paula Carreras.

Acto graduación 4º ESO

Selecciona a foto inferior para ver as imaxes deste acto organizado conxuntamente polo IES e a ANPA

Álbum: Actividades Curso 2016-2017 -> Acto graduación 4º ESO 2016-17

Expoelectrónica 2017: proxectos de aula

Un ano máis organizamos unha xornada de portas abertas na que amosamos o traballo que facemos nos Ciclos Formativos de Electrónica

Así recolleu a prensa o evento.

Para ver o álbum de fotos deste evento, selecciona a fotografía inferior.

Álbum: Actividades Curso 2016-2017 -> Expoelectrónica 2017
Distribuir contido


by Dr. Radut