Skip to Content

Concerto de fin de curso do noso alumnado de Música

O xoves 22 de xuño o alumnado de Música do IES Escolas Proval ofrecerá un Concerto de Fin de Curso. Será ás 20 horas no Salón de Actos.

Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral e ás familias en especial coa que se fecha unha serie de actuacións desenvoltas no presente curso, tanto no noso centro como noutros da contorna.

O repertorio abranguerá cancións actuais e míticas da historia da música pop, rock, da música española, unha cantiga de Santa María (Alfonso X) e pezas de percusión con material reciclado.

Actuará alumnado de 1º e 3º de ESO na primeira parte e alumnado de 4º ESO e Bacharelato na segunda parte. Todos eles baixo a dirección da profesora Paula Carreras.



page | by Dr. Radut