Iniciar sesión |
Funcionamento e normasFuncionamento e normas de uso da BibliotecaEnviado por iesproval o Mér, 2009-01-28 20:24
As normas de uso e funcionamento da biblioteca do Centro, lectura en sala, préstamos e todo oque hai que saber sobre como sacar o mellor proveito da estupenda colección de libros, cómics, música e videos de que dispomos, pódense ver na presentación (Powerpoint pps) que sigue como arquivo adxunto. A programación didáctica do presente curso pode consultarse no enlace. ( categories: )
A Biblioteca de xaneiro a marzo 2018Enviado por iesproval o Mar, 2018-03-20 09:42
Neste trimestre conmemoramos varias datas significativas coma o Día escolar da non violencia e da paz, o Día da muller e da nena na ciencia, o Día da muller...; actualizamos os taboleiros de Biblionoticias e Biblionovidades; fixémonos eco do Premio Nacional de las Letras Españolas outorgado á escritora e xornalista Rosa Montero; e, como non podía ser doutro xeito, tivemos unha pequena lembranza para o gran Stephen Hawking co motivo do seu pasamento.
Seleccionando a fotografía inferior poderás ver un álbum de resumo destas actividades.
( categories: )
Samaín na bibliotecaFins de outubro e principios de novembro. Os espíritos dos defuntos pasean entre os vivos. E das estanterías sacamos lecturas en galego, castelán, francés, inglés... para facilitarlle aos nosos usuarios horas de horror, terror, arrepío, desacougo... Selecciona a imaxe superior para ampliala. ![]() ( categories: )
A biblioteca de abril a xuñoEnviado por iesproval o Ven, 2017-06-23 17:53
Xa pode consultarse aquí a memoria das actividades que desenvolveu a Biblioteca escolar durante este 3º trimestre. Entre elas destacamos as actividades das letras galegas, adicadas a Carlos Casares neste 2017, ou o intercambio de libros. ( categories: )
A biblioteca de xaneiro a marzoEnviado por iesproval o Mar, 2017-04-18 12:40
No segundo trimestre deste curso seguimos traballando dende a biblioteca en múltiples liñas. Entre elas, destacamos:
Podedes ver a descrición completa neste enlace. ( categories: )
A Bibloteca de setembro a decembroEnviado por iesproval o Mér, 2016-12-14 00:50
Acabamos de comezar o curso e alá van xa os primeiros meses. Chegados a este punto, recollemos algunhas das conmemoracións nas que participou a Biblioteca, un dos espazos privilexiados onde traballar os valores democráticos de igualdade e de cidadanía. ( categories: )
![]() |