A Biblioteca de xaneiro a marzo 2018

Enviado por iesproval o Mar, 2018-03-20 08:42
   Neste trimestre conmemoramos varias datas significativas coma o Día escolar da non violencia e da paz, o Día da muller e da nena na ciencia, o Día da muller...; actualizamos os taboleiros de Biblionoticias e Biblionovidades; fixémonos eco do Premio Nacional de las Letras Españolas outorgado á escritora e xornalista Rosa Montero; e, como non podía ser doutro xeito, tivemos unha pequena lembranza para o gran Stephen Hawking co motivo do seu pasamento.
 
Seleccionando a fotografía inferior poderás ver un álbum de resumo destas actividades.

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Actividades biblioteca 2 avaliacion