Skip to Content

Letra de QUIMERA: mención especial no concurso Cantalingua 2010

QUIMERA

 

 

Se pecho os ollos podo ver

unha estreliña no meu corazón

que engaiolada ao mencer,

agarda a noite , o seu amor.

 

 

E alí poder brillar,

sen cadeas vivir,

e alí poder soñar,

liberdade sentir.

No mar alumear,

no vento mergullar,

na terra navegar,

e en min poder amar.



page | by Dr. Radut