Iniciar sesión |
MúsicaDepartamento de Música: profesorado e programacións 2021-22Enviado por iesproval o Mér, 2007-11-28 21:33
A programación didáctia do presente curso pode consultarse no enlace.
( categories: )
Presentación da Rockestra no Concello de NigránEnviado por iesproval o Ven, 2018-08-31 02:10
Presentación da Rockestra Proval no Concello de Nigrán
( categories: )
Actuacións musicais do alumnado de 4º de ESOEnviado por iesproval o Ven, 2018-05-18 13:13
Fragmento das actuacións musicais do alumnado de 4º de ESO en colexios do Val Miñor
( categories: )
A Rockestra Proval no Faro de VigoEnviado por iesproval o Sáb, 2018-01-20 21:09
O pasado 19 de xaneiro o xornal Faro de Vigo incluíu unha ampla reseña da Rockestra Proval, creada a principios deste curso académico e que fixo a súa presentación no programa Luar o 5 de xaneiro. Selecciona a foto inferior ou accede ao documento adxunto para consultar a páxina completa do xornal. Enlace á web de Faro de Vigo (contido accesible só para suscritores) Enlace a Val Miñor TV ( categories: )
A Rockestra Proval no LuarEnviado por iesproval o Sáb, 2018-01-06 02:14
O venres 5 de xaneiro a Rockestra Proval actuou no Luar baixo a dirección de Paula Carreras, profesora de Música. Parabéns!!
( categories: )
Harmonía nas aulasEnviado por iesproval o Xov, 2017-11-30 00:51
Alumnado de musica de Proval participu no Concerto de alumnos de secundaria-Memorial Blanca Lorenzo Royo que se desenvolveu o 29 de novembro no Auditorio Municipal de Vigo. Participaron neste evento IES Alexandre Bóveda, IES Carlos Casares, IES Castelao, IES Rosais 2, IES Santo Tomé, IES 1º de Marzo e o IES Escolas Proval. O noso alumnado interpretou a Rondó para caldeiros, chifres e outros cacharros baixo a dirección da profesora Paula Carreras.
( categories: )
Día da músicaEnviado por iesproval o Xov, 2017-11-23 14:40
O xoves 23 de novembro celebramos o día da música cun concerto a cargo do alumnado de música de 4º ESO. Premendo a foto inferior pode verse o álbum desta actividade. ( categories: )
Concerto de fin de curso do noso alumnado de MúsicaEnviado por iesproval o Mér, 2017-06-21 17:50
O xoves 22 de xuño o alumnado de Música do IES Escolas Proval ofrecerá un Concerto de Fin de Curso. Será ás 20 horas no Salón de Actos. Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral e ás familias en especial coa que se fecha unha serie de actuacións desenvoltas no presente curso, tanto no noso centro como noutros da contorna. O repertorio abranguerá cancións actuais e míticas da historia da música pop, rock, da música española, unha cantiga de Santa María (Alfonso X) e pezas de percusión con material reciclado. Actuará alumnado de 1º e 3º de ESO na primeira parte e alumnado de 4º ESO e Bacharelato na segunda parte. Todos eles baixo a dirección da profesora Paula Carreras. ( categories: )
Día da música en ProvalEnviado por iesproval o Mar, 2016-12-13 02:10
O pasado martes 22 de novembro celebramos o día da música en Proval cun concerto dirixido pola profesora Paula Carreras e no que participou alumnado de diferentes cursos de ESO e Bacharelato. Pódense ver máis fotos deste evento premendo sobre a foto.
( categories: )
Galería de fotos da visita-concerto á ESADEnviado por iesproval o Dom, 2016-06-05 23:35
Está dispoñible a galería de fotos da visita á Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo o pasado 4 de maio por parte de alumnado de música baixo a supervisión da profesora Paula Carreras. ( categories: )
![]() |