Iniciar sesión |
Matrícula ESO e BACHARELATO 2022-23Enviado por iesproval o Lun, 2022-06-20 12:02
As datas oficiais para efectuar a matrícula do curso 2021-22 de ESO e BACHARELATO son do 25 de xuño ao 10 de xullo. Con todo, para axilizar o labor administrativo, e non teren que agardar esperas, solicitámoslles ás familias que entreguen a matrícula nos días de MATRÍCULA PREFERENTE que figuran na seguinte táboa, na que, ademais, poden consultar toda a documentación necesaria. Lembren que dita documentación deben entregala na Secretaría do centro, traéndoa cuberta xa da casa (poden descargar os impresos directamente da web) ou, no seu defecto, colléndoa e cubríndoa directamente no momento de realizaren a matrícula. Os sobres de matrícula poden recollelos na Conserxería do edificio superior. Ademais, se teñen calquera dúbida respecto á elección de materias ou itinerarios, non dubiden en chamarnos ao número 886110369.AVISO: As familias que entreguen máis dunha matrícula poderán facelo calquera dos días que lle corresponde.
|