Skip to Content

24 de outubro: Día das bibliotecas escolares

 

Coa conmemoración do Día Internacional da Biblioteca Escolar trátase de facer visibles as bibliotecas nas súas comunidades educativas e destacar a súa importancia como espazo para a aprendizaxe e a convivencia.

O lema elixido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a elaboración dos seus materiais este curso 2016/17 é Biblioteca escolar - Territorio das Artes, e Minia Regos a creadora que o interpretou.

Con motivo da celebración deste día, o equipo de biblioteca do centro elaborou un sinxelo marcapáxinas para distribuír entre a súa comunidade educativa como agasallo. Incluíuse a ilustración de Minia Regos, que convida a entrar na biblioteca como medio para achegarse ás distintas artes: arquitectura, cine, cómic, danza, escultura, fotografía, literatura, música, pintura, teatro…

Iso e máis hai na nosa biblioteca escolar. E está á vosa disposición!

 

 

 



page | by Dr. Radut