Skip to Content

Moda ética.

Os irmáns Patricia e Francisco Soto, La Canalla, son responsables dun taller que confecciona empregando tecidos de excedentes de producción ou de producción orgánica. Visitaron recentemente o noso centro para visibilizar a súa labor a prol do que agora se da en chamar "moda ética". 

  Os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer unha iniciativa que pretende concienciar sobre a roupa fabricada baixo criterios de sostibilidade nas materias primas, salarios xustos para os traballadores e cero de contaminación no proceso de fabricación. Mediante dinámicas de grupo traballouse con prendas indagando acerca da súa procedencia e custo. Logo púxose en común a información e abriuse un debate e rolda de preguntas.

  Nas semanas previas traballáronse na aula os hábitos de compra de roupa do alumnado de nocturno con diversas actividades:

- O alumnado de 4º ESA A fíxolles enquisas a todo o alumnado do nocturno sobre este asunto e despois expuxeron os resultados mediante gráficos.

- Todo o alumnado tivo a oportunidade de consultar páxinas web que ilustran sobre esta temática.

- Pasáronselles uns vídeos en todas as aulas sobre esta temática.

   Unha iniciativa sen dúbida  valente e que ogallá se estenda rápidamente a outras empresas e sectores.

   Consulta o álbum de fotos desta actividade.



page | by Dr. Radut