Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Marzo 28, 2021

 

Nestes últimos tempos seguro que xa oistes falar de termos como ventilación cruzada, ACH ou ppm de CO2. Desde o comezo da pandemia os científicos teñen investigado arreo sobre a propagación do coronavirus a través do aire, porén aínda falta moita información sobre o tema. Desde Proval queremos participar neste esforzo poñendo en marcha unha rede de medidores nas aulas con distintos prototipos feitos polos departamentos de Electrónica e Tecnoloxía, coa colaboración do departamento de Física e Química para a definición de protocolos e análise de resultados. Estamos traballando en prototipos conectados á rede, illados, con pantalla ou sen ela, que miden varios parámetros como dióxido de carbono, temperatura, humidade ou luz ambiente, con alarma vía web e incluso que envían información por Telegram. O alumnado tamén participa no deseño e montaxe dos prototipos e no estudo da información recollida.

Hai poucos días a Consellería concedeunos un Proxecto de Innovación no que temos como socios á empresa Hermes Smart Control e o IES Val Miñor, aos que queremos agradecer a súa participación xa que sen eles un proxecto colaborativo como éste non sería posible. O IES Proval actuará como centro de desenvolvemento e ensaios, a empresa creará o seus propios medidores e explorará a viabilidade comercial do sistema e o Val Miñor aportará traballos previos e tamén servirá de centro de ensaios. A concesión do proxecto e o orzamento asociado permitirá mellorar o sistema, estender a rede de medida e facer actividades de divulgación.

Os primeiros medidores xa están en funcionamento e os datos poden consultarse na web: http://codos.meteoproval.es

 

 medidor2medidor1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut