Skip to Content

Complementarias

Escape room: O esconxuro

 Entre disfraces e desfiles, as emocións fortes chegaron ao Proval á cargo de Territorio Comanche. O noso alumnado de 4 ESO veuse na obriga de escapar en 90 minutos dunha terrible maldición resolvendo diferentes probas (xogos, crebacabezas, enigmas, adiviñas) con enxeño e traballo en equipo para descubrir o “esconxuro máxico”. Experiencia de aprendizaxe divertida e intensa para unha mañá de entroido!

Campaña solidaria "Un libro=un quilo"

O pasado decembro a Biblioteca Proval promoveu a campaña "Un libro=un quilo" consistente en intercambiar un quilo de alimentos por un libro de lectura. Esta iniciativa tivo unha gran acollida na nosa comunidade educativa, especialmente entre o alumnado, e chegamos a reunir máis dun cento de quilos de alimentos.

En agradecemento, esta semana recibimos unha carta da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, así que, unha vez máis, nos sentimos moi orgullosos do labor realizado e sobre todo da solidariedade do noso alumnado. Grazas a tod@s e gozade coas lecturas!

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> UnQuiloUnLibro

Torneo brilé

 Nos torneos deportivos celebrados nos recreos durante o primeiro trimestre deste curso, organizados polo departamento de Educación Física xunto co alumnado de 1º bacharelato, resultou gañador o equipo de "Os Palilleiros", grupo integrado por Manuel Sanromán, Edgar Pazos, Borja de Saa, Yeray Pazos, Pablo Camesella e Agustín Fernández. Agardaremos a semana que vén para coñecer os gañadoes do torneo de fútbol...

Parabéns aos campións, semifinalistas e a todxs os participantes e organizadores destes fantásticos eventos deportivos!

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

 

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> TorneoBrile

Árbore electrónica

Quen dixo que a decoración de Nadal non podía ser sustentable?

Logo de gañaren hai uns días o concurso galego de robótica, esta mañán o equipo de electrónica volveu sorprendernos cunha marabillosa árbore navideña, acompañada dunha orixinal sagrada familia, elaboradas con materiais de refugallo, como cables vellos de antenas, restos de televisores de tubo, anacos de circuítos integrados, condensadores... Habilidade e creatividade para elaborar este verdadeira obra de arte!

Sen dúbida, decoración enxeñosa e respectuosa co medio, conforme ás premisas que leva anos tentando inculcar na comunidade educativa o noso equipo RRR (Recursos-Residuos,-Responsabilidade).

Grazas e parabéns a José Carlos García e ao seu alumnado polo seu traballo e compromiso!

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> ArboreNadal

A memoria das pedras

  O departamento de Bioloxía e Historia organizou unha saída didáctica co alumnado de 2º de bacharelato pola contorna de Monteferro. Guiados polo xeólogo Fran Canosa, visitamos diferentes formacións xeóloxicas do Monteferro explicativas da configuración do Val Miñor e da Ría de Vigo. Quedamos marabillados con esta maneira de ver a xeoloxía en vivo e en directo.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> Monteferro
Syndicate content


by Dr. Radut