Física e química

Departamento de Física e Química:profesorado e programacións 2018-19

Submitted by iesproval on Wed, 2007-11-28 20:21

Nome

Cargo

Función

Carmen Mateos Santamaría  Vicedirectora  
César Rodríguez López X. Dpto  

Materias impartidas polo departamento e programas

2º ESO: Ciencias da natureza  
3º ESO: Física e Química  
3º ESO Plan de Mellora da aprendizaxe e o rendemento (PMAR) 4º ESO: Física e Química
1º Bacharelato: Física e Química 1º Bacharelato: CC
2º Bacharelato: Física 2º Bacharelato: Química

Libros de texto

 

   

   No documento adxunto pode consultarse a programación didáctica do presente curso.

   Tamén están accesibles as programacións do curso 2016 17.

( categories: )

Programa de recuperación de Física e Química de 3º ESO para alumnos coa materia pendente. Curso 2015-16

Submitted by raquel on Tue, 2011-10-04 17:38

Os alumnos e alumnas que teñan  pendente a materia de 3º ESO  irán estudando os temas e resolvendo exercicios do libro de texto do curso 2014-15. As dúbidas poden consultarse á profesora Raquel Vergara durante os recreos. Para axudar ao estudo facilítanse, nos ficheiros adxuntos, modelos de exame de cada un dos temas. Iranse facendo exames parciais ao longo do curso, co calendario que tamén se detalla a continuación. Para superar o curso deberase obter unha media dos tres exames parciais igual ou superior a 5. Non se poderá superar a materia se a nota dalgún dos tres exames é inferior a 3,5, aínda que a media sexa igual ou superior a 5. Se non se logra superar a materia despois de realizar os tres exames parciais poderá facerse un exame global de toda a materia, a súa cualificación deberá ser igual ou superior a 5 para superar o curso.

 

Lección Data da proba

Lección 1. La medida. El método científico.

Lección 2. La naturaleza corpuscular de la materia.


11/11/2015

Lección 3. La diversidad de la materia.

Lección 4.Estructura del átomo


20/01/2016

Lección 5. Elementos y compuestos

Lección 6. Cambios químicos y sus repercusiones.


6/04/2016

Exame Final

11/05/2016
( categories: )

Semana da Ciencia 2011

Submitted by iesproval on Wed, 2011-04-27 16:20

Sétima edición da Semana da Ciencia en Proval, do 27 ao 28 de abril. Trátase dunha mostra de 40 experiencias explicadas por medio de paneis informativos e atendidas por alumnos e alumnas de 3º, 4º da ESO e CCFF de Electrónica, a modo de monitores.

Do 6 ao 9 de abril: Semana da Ciencia 2010

Submitted by iesproval on Mon, 2010-03-22 21:29

 

caderno semana ciencia

Sexta edición da Semana da Ciencia do 6 ao 9 de abril. Mostra de 42 experiencias explicadas por medio de paneis informativos e atendidas por alumnos e alumnas de 3º, 4º da ESO e CCFF de Electrónica a modo de monitores. Nos enlaces que seguen poden descargarse os arquivos pdf dos cadernos 1 e 2 nos que se detallan as experiencias de que consta a exposición.

 

Caderno 1 Semana da Ciencia 2010 (pdf)

Caderno 2 Semana da Ciencia 2010 (pdf)

Novas de Ciencias

Submitted by raquel on Sun, 2010-01-17 20:51

No recuncho de ciencias atoparás, ademais de novas de ciencia, tecnoloxía, saúde e Internet, moitas cousas máis: buscadores de música, vídeos, blogs, etc...

( categories: )

Libros de lectura

Submitted by raquel on Tue, 2009-11-24 11:58
Portada Xurxo Mariño, científico e profesor da Universidade da Coruña, escribe
en culturagalega.org dende o 2003 “Os dados do reloxeiro”, artigos
quincenais de divulgación científica. Actualidade, humor e a atención
ás grandes cuestións da ciencia do noso tempo son algunhas das claves
das columnas de Xurxo.
 portada Po de estrelas: Descarga a segunda recompilación de artigos de Xurxo
Mariño, agora ilustrados por Santy Gutiérrez, con infografía de Manuela
Mariño e publicados en formato libro pola Sección de Ciencia, Técnica e
Sociedade do Consello da Cultura Galega.
( categories: )

Fotos da Semana da Ciencia 2008-2009

Submitted by iesproval on Mon, 2009-05-11 12:31

Semana da CienciaNa sección Galerías xa se poden ver algunhas fotos das actividades da Semana da Ciencia.

Semana da Ciencia 2009

Submitted by iesproval on Tue, 2009-03-31 21:28

Logotio Semana da CienciaA Semana da Ciencia 2009 vaise celebrar á volta das vacacións de Semana Santa. A Semana, que vai pola quinta edición, está organizada polo Departamento de Física e Química e conta coa colaboración dos de Matemáticas e Ciencias.

Adxuntos pdf dos cadernos 1 e 2 de  experiencias da Semana.


Cadernos da Semana da Ciencia 2008

Submitted by iesproval on Wed, 2008-03-12 14:30

portada caderno semana cienciaCadernos coas experiencias da Semana da Ciencia edición 2008 en formato pdf:

Caderno sc 1

Caderno sc 2


 

Syndicate content