Rafting no Miño e concerto no Juan María
O día 2 de xuño 2010 os alumnos de música de 1º e 2º de bacharelato, acompañados por seis alumnos de 4º ESO, fixeron unha actuación musical no Colexio de Educ. Especial Juan María de Nigrán. A xornada foi moi especial, pois ademais de tocar tratábase de que os alumnos dos dous centros convivíran e compartíran unhas horas e experiencias. Os alumnos do Juan María representaron unha obra de teatro e ao remate alumnos e profesores dos dous centros, acompañados polo alcalde de Nigrán Efrén Juanes e as concelleiras de xuventude Puri e de educación Estela, compartimos uns pinchos e unhas bebidas en alegre armonía.
O mércores 3 de xuño os alumnos de 2º e 3º da ESO fixeron unha saída didáctica programada polo seminario de Educación Física. A saída consistiú nunha actividade de Carreira de Orientación e un descenso do Miño facendo Rafting.
O día estivo bo, e todos gozamos da natureza e da fermosura do río Miño e a emoción do descenso nas balsas neumáticas.