User login |
Curso 2008-09Homenaxe a Carme MurasSubmitted by iesproval on Fri, 2009-11-27 16:39
![]() O venres, 27 de novembro tivo lugar no ximnasio do Centro un sinxelo e ao tempo emotivo acto de homenaxe á compañeira Carme Muras, profesora de Lingua Galega que nos deixou no pasado verán. O acto consistiu na interpretación dunha peza musical e na lectura de cartas e poemas, dedicados a Carme, por un grupo dos seus antigos alumnos e alumnas. Ao remate, familiares de Carme tiveron unhas palabras de agradecemento. Como arquivo adxunto a esta nota vai un caderno (pdf) no que se recollen os traballos feitos polos rapaces para recordar á súa profesora.
( categories: )
Carta ao Conselleiro de EducaciónSubmitted by iesproval on Tue, 2009-06-23 14:17
Carta dunha alumna de 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais ao Conselleiro de Educación amosando a súa disconformidade coa enquisa da súa Consellería sobre o emprego da Lingua Galega como lingua de aprendizaxe. A publicación desta carta obedece a un acordo unánime do Claustro de profesores celebrado o pasado martes, 14 de xuño.
Sr. Conselleiro de Educación: Son unha alumna de 1º de Bacharelato do IEs Escolas Proval que quere manifestar o seu dereito a expresarse e a dicirlle algunas cousas: 1.- Que lle escribo no meu nome, sen estar influenciada nin polos meus profesores, nin amigos, nin familiares. 2.- Que aínda que escribo en galego, a miña vida normal desenvólvese en castelán, a lingua na que me educaron, aínda que meus pais entre eles ás veces falan en castelán e ás veces en galego. 3.- Que todo isto das enquisas paréceme un disparate sen ningún sentido. Ao único que nos vai levar é a un enfrontamento orixinado pola obriga a ter que posicionarno nunha das dúas opcións; é como se a un neno o obrigasen a elixir entre a súa nai e o seu pai e respondese que os quere por igual. O mesmo pasa coas linguas de Galicia, se somos bilingües, as dúas teñen que ter as mesmas oportunidades e falarse nos mesmos sitios. 4.- Ademais quero dicirlle que a escola é hoxe en día case o único lugar, polo menos eu así o vexo, onde moitos rapaces, a gran maioría, teñen contacto co galego. Se vostede vai ao Centro Comercial da Ramallosa, ao cine, á discoteca…case toda a vida social dos adolescentes se desenvolve prácticamente en castelán. Estamos en Nigrán, como podíamos estar en Ciudad Real ou en Cáceres, soamente na escola sabemos que estamos nun instituto de Galicia, onde nos sentimos galegos, onde podemos falar sen prexuízos, onde non parece que falemos nunha lingua infravalorada, e créame señor Conselleiro, iso soamente se consegue, como dicía castelao, por obra e gracia do idioma. Miriam Veiro 1º Bacharelato Humanidades. IES ESCOLAS PROVAL NIGRÁN
( categories: )
Cine e emigraciónSubmitted by iesproval on Fri, 2009-06-19 16:29
![]() Na semana do luns 22 ao venres 26 de maio e como introducción ao congreso de "Emigración e Educación" haberá proxeccións diarias de cine ao aire libre no claustro do edificio vello do noso instituto. Como arquivo adxunto pódese baixar o programa de "Cine e Emigración" ( categories: )
Congreso Emigración e EducaciónSubmitted by iesproval on Sun, 2009-06-14 17:31
![]() Neste enlace pode consultarse toda a información do Congreso Emigración e Educación (1900-1936). I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009) a celebrar neste IES entre o 29 de xuño e o 3 de xullo. Actividade recoñecida cun crédito de libre configuración polas Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago. Certificación de 30 horas como méritos para oposicións.
( categories: )
Curro de MougásSubmitted by iesproval on Sun, 2009-06-14 13:47
( categories: )
Rafting no Miño e concerto no Juan MaríaSubmitted by iesproval on Fri, 2009-06-05 23:00
( categories: )
Resumen de fotos da Semana Solar 2009( categories: )
Dia das Letras Galegas en ProvalSubmitted by iesproval on Mon, 2009-05-18 14:15
( categories: )
Fallo do Concurso de Fotografía e DebuxoSubmitted by iesproval on Fri, 2009-03-13 16:11
Esta é a foto premiada no concurso de fotografía e debuxo sobre o tema "A muller e o traballo". O seu título é "O traballo diario" e as autoras son Anabel e Raquel, de 4º da ESO. Parabéns. O xurado decidíu dar dous accésit ás fotos "Igualdade nas túas mans" de Marta e Aurora, 3º de ESO e "Traballando xuntos" de Diego Carneiro, 4º da ESO. Noraboa tamén para estes alumnos e alumnas. ( categories: )
Concurso de Fotografía e DebuxoSubmitted by iesproval on Wed, 2009-01-28 19:06
As fotos ou debuxos terán que levar un título e, se queredes, un comentario explicativo. Para saber máis pódese descargar o cartel que aparece como ficheiro adxunto (pdf) ( categories: )
![]() |
Events
|