Skip to Content

Premios do I Certame de Micropoesía do Val Miñor "Beatriz da Serra"

Esta semana reuniuse o xurado encargado de valorar as mellores composicións presentadas para o  I Certame de Micropoesía do Val Miñor "Beatriz da Serra", organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Escolas Proval e IES Terra de Turonio, e dirixido a todo o alumnado dos centros educativos da comarca de entre 9 e 20 anos.

xurado estivo composto por Aurora Fontán Loureiro, profesora do CEP Neira Vilas; María do Carme Vilar Díaz, profesora de Lingua Galega e Literatura e coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Arquitecto Palacios de Panxón (Nigrán); Natalia Vanesa Vargas González, profesora do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán) e coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega; Santiago Veloso Troncoso, profesor de Lingua Galega e Literatura do IES Terra de Turonio de Gondomar, presidente da asociación Ponte… nas ondas!; e María Pilar Fernández López, profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Escolas Proval de Nigrán.

 

Alumnado premiado por categoría:

MODALIDADE A: ALUMNADO de 4º, 5º e 6º de PRIMARIA

  • 1º PREMIO: Iria Pazos Aniorte, alumna do CEIP Carlos Casares, polo poema “Paisaxes esquecidas”.
  • 2º PREMIO: Noa Sabín Cardoso, alumna do CEIP Carlos Casares, polo poema “Paxariños”.

MODALIDADE B: ALUMNADO de 1º, 2º, 3º de ESO e de FP BÁSICA 

  • 1º PREMIO:  Iria Ludeña Pérez,  alumna do CPI Cova Terreña, polo poema “Unha gaiola de 50 paxaros”.
  • 2º PREMIO:  Irene Pérez González, alumna do IES Terra de Turonio, polo poema “Pombas e rulas”.
  • Por unanimidade, o xurado otorgou mención especial a Iria Ludeña Pérez para constatar a excelencia dos poemas “Abismo” e “Atentamente, eu”, que non poden recibir premio por seren da mesma autora de “Unha gaiola de 50 paxaros”.

MODALIDADE C: ALUMNADO de 4º ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS

  • 1º PREMIO: Clara Rey Barona, alumna do IES Escolas Proval polo seu poema “Dor”.
  • 2º PREMIO: Helena Iglesias Cabral, alumna do IES Escolas Proval polo poema “Tan só morren os do primeiro mundo?”

Premios por categoría:

· 1º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares da publicación dos poemas do certame.

· 2º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares da publicación dos poemas do certame.

Tal e como establecen as bases do concurso, os poemas premiados serán publicados nas webs dos centros convocantes e enviados aos medios dixitais do Val Miñor. Ademais, faremos unha publicación impresa, que servirá para lembrar a Beatriz da Serra -a baionesa que se carteou en galego co Conde de Gondomar- e para a difusión dunha selección dos poemas presentados. Os premios serán entregados nun acto poético organizado polos centros convocantes, pedente de momento por mor da crise santiaria.

  • Para ver os poemas premiados poden premer no enlace
  • Máis información en ValmiñorTV.

Parabéns ás premidas e moitas grazas ao resto dxs participantes, agardámosvos na próxima edición! 

 



book | by Dr. Radut