O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais de 2º de bacharelato vén establecido pola Orde do 22 de abril de 2010 (DOG do 4 de maio) e pola Circular nº 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010.
De acordo con esa norma, en primeiro lugar cómpre formular a reclamación perante a dirección do centro. O impreso pódese solicitar en Secretaría ou descargar premendo nesta ligazón .
No curso 2019-2020 os prazos son os seguintes:
Presentación: As reclamacións presentaranse por escrito dirixidas á dirección do centro no seguinte prazo: 10 e 11 de xuño (ata as 14:00 horas).
Notificación da resolución: A comunicación da resolución entregarase por escrito ao alumno ou á alumna, se é maior de idade, ou aos seus representantes legais o 12 de xuño ás 11:00 horas.
No caso de que o alumnado non estea conforme coa resolución emitida polo departamento, poderá solicitar por escrito no centro que a dirección remita o expediente de reclamación ao/á presidente/ada comisión de supervisión da Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. O prazo para solicitalo será ata as 12:00 horas do día 16 de xuño. O impreso pódese solicitar en Secretaría ou descargar premendo nesta ligazón.
Presentación: As reclamacións presentaranse por escrito dirixidas á dirección do centro no seguinte prazo: 03 e 04 de setembro (ata as 14:00 horas).
Notificación da resolución: A comunicación da resolución entregarase por escrito ao alumno ou á alumna, se é maior de idade, ou aos seus representantes legais o 07 de setembro ás 11:00 horas.
No caso de que o alumnado non estea conforme coa resolución emitida polo centro, poderá solicitar por escrito no centro que a dirección remita o expediente de reclamación ao/á presidente/ada comisión de supervisión da Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. O prazo para solicitalo será ata as 14:00 horas do 07 de setembro. O impreso pódese solicitar en Secretaría ou descargar premendo nesta ligazón.
O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais en ESO e 1º de bacharelato vén establecido pola
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |