Idioma extranxeiro

Programa PIALE

Durante o pasado mes de outubro, unha profesora de lingua inglesa, Carmen Ares Fernández participou no programa PIALE da Consellería de Educación. Xunto con outros profesores de toda Galicia, estivo na cidade de Toronto, en Canadá co fin de perfeccionar o idioma inglés, e ao mesmo tempo, vivir unha experiencia educativa, e comparar o sistema educativo canadiense co galego. A profesora destacou que a experiencia serviulle para mellorar a súa competencia lingüística, así como coñecer o funcionamiento e a realidade dun centro de secundaria estranxeiro, coñecer as condicións laborais do profesorado doutro país, ampliar coñecementos culturais por medio de actividades diversas e establecer relacións persoais con profesionais doutros centros educativos no estranxeiro.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Programa PIALE

Obradoiro de portugués

O mércores 18 de outubro, a totalidade do alumnado de 1º ESO máis o da materia de Portugués de 2º, asistiu ao obradoiro O PORTUGUÊS TÃO PERTO, ofrecido pola AGAL e a Deputación de Lugo.

O alumnado tomou conciencia neste ateliê  da vantaxe que representa a nosa lingua á hora de acceder ao ámbito social, cultural e mesmo laboral de numerosos países en todo o mundo.

Ademais, os alumnos e alumnas ficaron sorprendidos ao comprobar que, por sermos galegofalantes, a lingua portuguesa é moi doada de aprender para nós, de xeito que en apenas uns minutos foron quen de construír frases perfectamente correctas en portugués.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Obradoiro de portugués
Distribuir contido