Pantallas amigas: " Obradoiro Violencia de Xénero no novo contexto dixital"

Hoxe realizouse no instituto o Obradoiro “Violencia de Xénero no novo contexto dixital” impartido por Haizea Álvarez, psicóloga e sexóloga de “Pantallas amigas”, iniciativa que promove e potencia o uso seguro e saudable de internet e outras TIC na infancia e na adolescencia. 

25N- Día Internacional contra a violencia de xénero

O mundo que toca vivir en moitos dos seus redutos garda a memoria da desigualdade entre homes e mulleres, mais tamén tomou formas e palabras novas, ou as de sempre con envoltura actualizada ao medio en que nos desenvolvemos. Na familia e na sociedade, que supón nacer muller?

Club de Lectura "O camiño dos libros"

Benvidas e benvidos ao Club de Lectura "O camiño dos libros", onde todas e todos contamos.

Quen escolle o camiño da lectura e non outro é porque está disposta ou disposto a deixar voar a súa imaxinación e a vivir outras vidas, as que nos acercan os libros. Somos os libros que lemos e a quen non lle gusta ler é porque non atopou o libro axeitado, estas serán as nosas máximas.
 
Este curso estrenámonos cun libro de contos (Contos de fantasmas no museo), porque contos tamén foron as nosas primeiras lecturas. Son contos de fantasmas, xa que as emocións e entre elas o medo deben estar implicadas sempre na lectura. Estes contos de fantasmas están todos ambientados no museo provincial de Lugo a onde iremos de ruta, a revivir esas narracións unha vez rematado o libro. Podedes descargar o libro ao final desta publicación. 

As normas para participar neste cub son:

1. Ler os libros.
2. Comentar, comunicar e opinar sobre as lecturas.
3. Asistir ás reunións. A próxima será 25 de xaneiro.
4. Coidar os libros como tesouros que son.

O día 10 de xaneiro xuntarémonos todos os membros do club e iremos ao museo, por isto é imprescindible ter lido a obra xa para ese día.

Vémonos lendo!

Programa Titorización entre Iguais

O curso pasado por mor da pandemia vimos condicionada a posta en marcha do programa TEI (Titoría Entre Iguais) pero este ano xa puidemos volver a poñelo en marcha. 

 

Filme Documental “SON DE MULLER”

O Concello de Palas de Rei, a través dos seus medios dixitais, emitirá desde o martes 16 ata o Xoves 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Filme Documental “SON DE MULLER”, que consta de nove capítulos, emitíndose un por día, unha actividade da Campaña “Palas de Re

Charla 1º BAC: DGT- Seguridade viaria

Hoxe, 11 de novembro, tivemos a visita do Subsector de Tráfico de Lugo, Jose Ramón López, acompañado de Ramón Peña, garda civil e formador do Plan Director para informar e formar ao noso alumnado de 1º de Bacharelato en Seguridade Vial.

 

Esta formación é fundamental xa que moitos deles e delas están próximos a obter o permiso de conducir B e, nalgúns casos , xa poden conducir algún tipo de ciclomotores, cuadriciclos lixeiros ou  motocicletas con determinada cilindrada. 

 

Durante a sesión abordáronse diferentes temas relacionados coa seguridade viaria, tales como as normas de tráfico, as distintas señalizacións, os distintos tipos de móbiles (parque móbil), deuse a coñecer a regulación do uso dos patinetes eléctricos, das normas de uso das bicicletas  e máis nun sitio como Palas de Rei onde circulan moitas polo Camiño de Santiago, os quads,  os diferentes tipos de permisos de circulación que existen e para que nos capacitan cada un deles, así como o tipo de transporte que podes levar e a súa tonelaxe, o uso dos tractores, no que se incidiu, xa que nun contexto como o que se sitúa o noso centro, púxose en valor a importancia de ter os permisos pertinentes para conducir un tractor, xa que no caso de que aconteza algún incidente, iso traería consigo uns riscos importantes, entre outros temas. Así mesmo, o alumnado puido participar e achegar a Jose Ramón todas aquelas dúbidas que tiñan. 

 

Moitas grazas por acudir ao noso centro! 

Obradoiro Cruz Vermella: "Prevención do acoso escolar e uso das TIC's e Redes Sociais”

Hoxe, 9 de novembro, contamos cun novo Obradoiro da Cruz Vermella destinado ao alumnado de 1º da ESO: “Acoso Escolar e uso das TIC's e Redes Sociais”

 

Calendario eleccións Consello Escolar

Samáin na biblioteca

A nosa Biblioteca quedou o venres engalanada con motivo do Samaín e aproveitamos para ofrecer ó alumnado unha selección de lecturas terroríficas só aptas para alumnado intrépido que escolle " O camiño dos libros", nome do noso club de lectura. Aproveitamos para anunciarvos que o poñeremos a andar este mes de novembro, o día 23 na hora de lecer.

Samaín 2021

En 4º da ESO celebramos  esta festa de orixe celta inseríndoa na propia materia de Literatura Galega.

Distribuir contido