PROGRAMA ARCO

 

 

Este curso académico 2021/22, o IES do Camiño, volveu participar en réxime de concorrencia competitiva, a través do departamento de orientación, na solicitude de Contratos-programa Recupéra-T, que poñen en marcha medidas de reforzó docente a través do programa Arco (cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020 do Ministerio de Educación e Formación Profesional) e do programa PROA+ (Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo 2021-2023 cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea no marco do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia).

 

O programa ARCO  (apoio, reforzo de competencias e orientación) ten como obxecto  favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional de todo o alumnado.

 

 

No presente curso académico,  o instituto, contará con reforzo nos niveis educativos de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria  ata o mes de decembro que é cando remata este programa.