FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Unha opción de futuro: estudiar Matemáticas
Enviado por Covadonga o Mar, 06/09/2011 - 09:53Pois si, pode ser unha boa opción http://www.agenciasinc.es/Noticias/Dentro-de-unos-anos-podrian-faltar-ma...
Alerta Escolar
Enviado por admin o Sáb, 03/09/2011 - 13:47A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha desde o curso 2007-08, o programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.
Autorización - Sección bilingüe
Enviado por admin o Xov, 01/09/2011 - 17:10
En consonancia coas consideracións da Comisión Europea, o I.E.S. MUGARDOS quere dar un impulso na utilización das linguas extranxeiras por parte dos seus alumnos/as, polo que o Departamento de Educación Física xunto có do inglés, participa dende o curso 2009/2010 nas chamadas seccións bilingües. Coa finalidade de garantizar a calidade deste proxecto, coménzase no primeiro curso da ESO con 15 alumnas/os, é a incorporación da lingua extranxeira faise progresivamente, incrementando a súa presenza ao longo da ensinanza secundaria. Ao remate de cada curso, o alumnado que sexa cualificado positivamente nesta materia, recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunca sección bilingüe, que se fará constar no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico. Se quere que a súa filla/o participe nesta sección bilingüe ten que cubrir unha autorización e entregala xunto coa matrícula no Instituto. No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, atenderase o expediente académico.
|
AUTORIZACIÓN - SECCIÓN BILINGÜE________________________________________________________________________ D./Dona. ..................................................................................................................... Nai/pai/titor/a de ........................................................................................................ Desexo que o meu fillo/a participe na sección bilingüe de inglés na área de Educación Física. En Mugardos, a de de 20
Asdo: __________________________
|
Proxecto Abalar - Espazo Familias
Enviado por admin o Ven, 26/08/2011 - 17:06
Portal Espazo Familias
Para acceder ao Portal do Espazo Abalar é necesario estar autenticado: Por DNI Electrónico En caso de dúbidas, son moi útiles os seguintes Vídeos explicativos. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13