blogue deadmin

Cesta de Entroido: 3283

3283

Este foi número premiado coa cesta de Entroido pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 7 de marzo.

O agraciado/a pode recoller a cesta no instituto, en horario de mañá.  

Festival de Comparsas

PREMIO ao mellor conxunto de disfrace e espectáculo:

    O Circo de 4.º ESO


PREMIO á mellor letra e interpretación:

"Mamma mía, cando acabará esta crise" de 1.º ESO

 

      
Álbum do Entroido, 2014

Folga do 20 de febreiro

Circular no documento adxunto.

Entrevista coa Shawna, auxiliar de conversa

                                                                                                             Subtítulos en inglés.

Visita ao Campus de Ferrol

Viaxe a Santiago de Compostela

Este martes os grupos de 4.º, 3.º e 2º ESO realizaron unha viaxe a Santiago de Compostela. A maioría asistiu á reprensentación da obra teatral "La casa de Bernarda Alba". Os de 2º realizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego onde desenvolveron unha actividade de busca de información titulada "O quebracabezas".

Galería

Comeza o III Premio Estudo e Deporte

Coa convocatoria do comité organizador botou a andar este martes a terceira edición dos premios Estudo e Deporte. Á reunión asistiron, ademais dos membros do instituto, os representantes dos concellos de Mugardos e Ares e dos principais clubs deportivos patrocinadores: Club de Remo e Galicia de Mugardos.

Abordouse principalmente a actualización das bases como os puntos relativos ao baremo que traerá este ano importantes novidades que se darán a coñecer no seu momento. Ademais revisáronse as listaxes de participantes coa feliz constatación do aumento de alumnado do instituto que está a realizar actividades deportivas. A previsión é que este ano superemos os cen inscritos no premio. Desde aquí felicitamos a todas as familias que animan e fan posible manter este tecido de deporte en idade escolar. 

Rematamos recomendando a lectura do artigo "¿Qué gana tu hijo cuando cuando lo castigas sin entrenar?" de Kike Fernández. 


Foto: Carla V. R. (4.º ESO)

Luciano

O pasado 31 de xaneiro xubilouse Luciano Vilas. Desenvolveu o seu labor docente entre nós como mestre de Pedagoxía Terapéutica, prestando unha axuda inestimable ao alumnado con necesidades especiais. Desexámoslle saúde e felicidade nesta nova etapa da súa vida. 

 Do mesmo xeito púxose fin a unha fructífera xeira na que o IES Mugardos contou coa presenza de mestres procedentes da educación primaria. Aneiros, Brozos, Marisa, Aida, Errose e Luciano, todos eles achegaron o seu bo facer e capacidade de traballo amplamente recoñecida por moitas xeracións de mugardeses, tanto nos colexios coma no instituto.

En nome de toda a comunidade educativa: Grazas, mestres!!!

Mención de Honra na Olimpíada Matemática


 

Laura Ordóñez 
(1.ºBAC)

Mención de Honra na 
Olimpíada Matemática en Galicia

Unha mañá coa brigada antiincendios

A mañá do xoves, 30 de xaneiro,no salón de actos, cinco bombeiros do Distrito Forestal de Ferrol e máis unha técnica viñeron a darnos unha charla de dúas horas. Explicáronnos como se producía un incendio forestal e como o apagaban.  Contáronnos como se pode producir o lume e cando é máis perigoso. Tamén nos amosaron os materiais que usan para evitar que se expanda o lume. O camión que traían era un URO e deixáronnos usar a mangueira.

1.º ESO

Charla da Policía Local sobre seguridade vial

O Xefe da Policía Local de Mugardos, Juan Carlos García, impartiu esta semana varias charlas sobre seguridade vial para o alumnado de 3.º ESO e 1.º BAC. Un dos asuntos principais foi o uso do cinto de seguridade con proxección de videos e explicación do seu correcto funcionamento.

Galería

Primeira Semana da Froita (2013-2014)

Do 20 ao 24 de xaneiro desenvolveuse a primeira semana de distribución de froita fresca.

Mesa redonda co reitor da USC

O reitor da USC, Juan Casares Long, compartiu onte unha mesa redonda informativa no IES de Mugardos. No trancurso do encontro, o reitor presentou a oferta e servizos educativos dos campus universitarios da universidade compostelá. Ao longo da conversa foi respondendo as dúbidas e curiosidades do alumnado de 2.º de bacharelato. 


Participa no Open Matemático

Xa arrincou o Torneo Aberto de Resolución de Problemas, máis coñecido coma Open matemático. Colle no centro ou solicitalle ao teu profesor de matemáticas as follas de problemas. Atoparás máis información na Aula Virtual. Non perdas as interesantes separatas deste ano dedicadas á óptica.

Materiais

Comezo das actividades dos contratos-programa

A tarde do luns 13 de xaneiro, de 16:20 a 18:15 comezaron as actividades do Programa de Mellora e mais do PROA. En total, reuníronse esta tarde uns 35 alumnos e alumnas e cinco profesores, que logo da animada entrega das sudadeiras entregáronse ás tarefas programadas para a sesión.
Os inscritos no Programa de Mellora para o Éxito Escolar puideron entrar na 4º dimensión coa construción dun hipercubo, seguindo as indicacións das profesoras de matemáticas Covadonga e Verónica.

Galería de imaxes
Programa de Mellora

Cesta de Nadal: 5033

5033

Este foi número premiado coa cesta de Nadal pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 18 de decembro.

O agraciado/a pode recoller a cesta no instituto, en horario de mañá.  

Por un mundo mellor

Exposición "Man, o alemán de Camelle"

Co alumnado de 1. ESO visitamos esta tarde a exposición sobre Man, o alemán da Costa da Morte, aberta na Casa da Xuventude de Ares. Logo do percorrido pola vida e a explicación da súa obra, puxémonos a facer o que Man sempre lles pedía aos nenos: pintar. 

 

Exposición e proxección do documental "Man, home sen paz".

Dereitos Humanos e Mandela

Espazo Xuvenil Aberto de Mugardos

O "Espazo Xuvenil Aberto" é un local que o Concello de Mugardos inaugurou o pasado 26 de outubro. Está ubicado na Casa da Cultura, e está concebido para as idades comprendidas entre 11 e 17 anos. O seu horario de apertura é de 17:00 ás 21:00 horas os sábados e domngos. É un servizo totalmente gratuíto que require unicamente a presentación dunha autorización asinada polos pais na oficina do OMIX do Concello.

Máis información e solicitude nos documentos adxuntos.

Día da Palabra (23 de novembro)

Magosto, 2013

O pasado venres celebramos o tradicional magosto coas seguintes actividades:

  • Baiuca 4º ESO: Venda de produtos pro excursión de fin de curso.

 

  • Reparto de castañas ofrecidas pola ANPA
  • Xincana

  • Papiroflexia e reciclaxe (3.º ESO)

Fotos na Galería

Estrea da canle YouTube

Este mes inauguramos a canle YouTube do instituto. Nel irán aparecendo os vídeos producidos no centro. Comezamos polo magnífico traballo do alumnado de Cultura Clásica (4.ºESO) dirixidos polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue.

                                                                                Cultura Clásica (4.º ESO)

Charla "Un non rotundo ao sedentarismo"

Galería

O presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, doutor José Carro, e o especialista en nutición e técnicas de adestramento físico Santiago Carro impartiron esta mañá unha charla sobre a importancia de loitarmos contra o sedentarismo e asemade mantermos hábitos saudables na preparación e consumo dos alimentos. Foron dúas horas cheas de mensaxes prácticas coa posibilidade de intervencións do alumnado para resolver dúbidas con estes expertos que souberon responder ás expectativas do alumnado da ESO.

Ligazóns:

HORA DE LER: Novembro e decembro

Exhibición de tiro con arco

As dianas e arcos da asociación Ares Arco cambiaron esta mañá o campo de tiro de Santa Catalina polo pavillón do instituto. Foi unha clase de Educación Física diferente. Todo o alumnado tivo a oportunidade de facer puntería e coñecer na práctica este fermoso deporte.

Galería

Visita de profesores da cidade galesa de Cardiff

Dentro das actividades do programa europeo de intercambio de profesores no que participa o noso centro, xunto con outros de Ferrol e o Centro de Formación de Profesorado, a tarde do luns recibimos a visita de catro docentes da cidade galesa de Cardiff. Primeiramente foron recibidos pola corporación municipal do Concello de Mugardos. 

Concurso de cabazas

Galería de cabazas

No concurso de cabazas deste ano resultaron premiados os seguintes traballos:

  • PREMIO (2.º ESO)... Margarita pola cabaza "Melonisa".
  • PREMIO (1.º ESO)... Cristian pola cabaza "Vomitei ata que fartei".
  • ACCÉSIT... Andrea pola cabaza máis "riquiña".

Parabéns a todos os participantes.

Distribuir contido