blogue deadmin
Visita do club de lectura a Pontevedra (27 de marzo)
Enviado por admin o Sáb, 29/03/2014 - 22:56O club de lectura "A boca do lobo" realizou este xoves, 27 de marzo, a súa visita anual a unha localidade galega para mercar libros. Nesta ocasión a elixida foi a boa vila de Pontevedra cadrando coa celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Alí recibiunos a mascota Orbil e percorremos as instalacións. Logo tivemos a oportunidade de realizar o roteiro guiado pola cidade vella e co noso guía Roberto descubrir as pegadas do burgo medieval. Despois das compra na Libraría Paz e Cronopios e do xantar, aínda tivemos tempo para ver varias salas do Museo Provincial.
Folga do 26 e 27 de marzo
Enviado por admin o Xov, 27/03/2014 - 21:33Seguimento da folga no IES de Mugardos:
98% en Bacharelato; 100% en 4.º ESO e 78% en 3.º ESO.
Cesta de Entroido: 3283
Enviado por admin o Dom, 09/03/2014 - 22:26
3283 Este foi número premiado coa cesta de Entroido pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 7 de marzo. O agraciado/a pode recoller a cesta no instituto, en horario de mañá. |
Festival de Comparsas
Enviado por admin o Lun, 03/03/2014 - 14:31PREMIO ao mellor conxunto de disfrace e espectáculo:
O Circo de 4.º ESO
PREMIO á mellor letra e interpretación:
"Mamma mía, cando acabará esta crise" de 1.º ESO
Folga do 20 de febreiro
Enviado por admin o Mér, 19/02/2014 - 00:07Circular no documento adxunto.
Entrevista coa Shawna, auxiliar de conversa
Enviado por admin o Mar, 18/02/2014 - 10:11Subtítulos en inglés.
Viaxe a Santiago de Compostela
Enviado por admin o Xov, 13/02/2014 - 00:08Este martes os grupos de 4.º, 3.º e 2º ESO realizaron unha viaxe a Santiago de Compostela. A maioría asistiu á reprensentación da obra teatral "La casa de Bernarda Alba". Os de 2º realizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego onde desenvolveron unha actividade de busca de información titulada "O quebracabezas".
Comeza o III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 06/02/2014 - 23:54Coa convocatoria do comité organizador botou a andar este martes a terceira edición dos premios Estudo e Deporte. Á reunión asistiron, ademais dos membros do instituto, os representantes dos concellos de Mugardos e Ares e dos principais clubs deportivos patrocinadores: Club de Remo e Galicia de Mugardos.
Abordouse principalmente a actualización das bases como os puntos relativos ao baremo que traerá este ano importantes novidades que se darán a coñecer no seu momento. Ademais revisáronse as listaxes de participantes coa feliz constatación do aumento de alumnado do instituto que está a realizar actividades deportivas. A previsión é que este ano superemos os cen inscritos no premio. Desde aquí felicitamos a todas as familias que animan e fan posible manter este tecido de deporte en idade escolar.
Rematamos recomendando a lectura do artigo "¿Qué gana tu hijo cuando cuando lo castigas sin entrenar?" de Kike Fernández.
Foto: Carla V. R. (4.º ESO)
Luciano
Enviado por admin o Dom, 02/02/2014 - 19:43O pasado 31 de xaneiro xubilouse Luciano Vilas. Desenvolveu o seu labor docente entre nós como mestre de Pedagoxía Terapéutica, prestando unha axuda inestimable ao alumnado con necesidades especiais. Desexámoslle saúde e felicidade nesta nova etapa da súa vida.
Do mesmo xeito púxose fin a unha fructífera xeira na que o IES Mugardos contou coa presenza de mestres procedentes da educación primaria. Aneiros, Brozos, Marisa, Aida, Errose e Luciano, todos eles achegaron o seu bo facer e capacidade de traballo amplamente recoñecida por moitas xeracións de mugardeses, tanto nos colexios coma no instituto.
En nome de toda a comunidade educativa: Grazas, mestres!!!
Mención de Honra na Olimpíada Matemática
Enviado por admin o Dom, 02/02/2014 - 15:19
|
Laura Ordóñez Mención de Honra na |
Unha mañá coa brigada antiincendios
Enviado por admin o Xov, 30/01/2014 - 21:50A mañá do xoves, 30 de xaneiro,no salón de actos, cinco bombeiros do Distrito Forestal de Ferrol e máis unha técnica viñeron a darnos unha charla de dúas horas. Explicáronnos como se producía un incendio forestal e como o apagaban. Contáronnos como se pode producir o lume e cando é máis perigoso. Tamén nos amosaron os materiais que usan para evitar que se expanda o lume. O camión que traían era un URO e deixáronnos usar a mangueira.
1.º ESO
Charla da Policía Local sobre seguridade vial
Enviado por admin o Dom, 26/01/2014 - 14:42O Xefe da Policía Local de Mugardos, Juan Carlos García, impartiu esta semana varias charlas sobre seguridade vial para o alumnado de 3.º ESO e 1.º BAC. Un dos asuntos principais foi o uso do cinto de seguridade con proxección de videos e explicación do seu correcto funcionamento.
Primeira Semana da Froita (2013-2014)
Enviado por admin o Dom, 26/01/2014 - 14:39Do 20 ao 24 de xaneiro desenvolveuse a primeira semana de distribución de froita fresca.
Mesa redonda co reitor da USC
Enviado por admin o Ven, 17/01/2014 - 17:19O reitor da USC, Juan Casares Long, compartiu onte unha mesa redonda informativa no IES de Mugardos. No trancurso do encontro, o reitor presentou a oferta e servizos educativos dos campus universitarios da universidade compostelá. Ao longo da conversa foi respondendo as dúbidas e curiosidades do alumnado de 2.º de bacharelato.
Participa no Open Matemático
Enviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 13:34Xa arrincou o Torneo Aberto de Resolución de Problemas, máis coñecido coma Open matemático. Colle no centro ou solicitalle ao teu profesor de matemáticas as follas de problemas. Atoparás máis información na Aula Virtual. Non perdas as interesantes separatas deste ano dedicadas á óptica.
Comezo das actividades dos contratos-programa
Enviado por admin o Lun, 13/01/2014 - 22:45A tarde do luns 13 de xaneiro, de 16:20 a 18:15 comezaron as actividades do Programa de Mellora e mais do PROA. En total, reuníronse esta tarde uns 35 alumnos e alumnas e cinco profesores, que logo da animada entrega das sudadeiras entregáronse ás tarefas programadas para a sesión.
Os inscritos no Programa de Mellora para o Éxito Escolar puideron entrar na 4º dimensión coa construción dun hipercubo, seguindo as indicacións das profesoras de matemáticas Covadonga e Verónica.
Cesta de Nadal: 5033
Enviado por admin o Lun, 13/01/2014 - 22:30
5033 Este foi número premiado coa cesta de Nadal pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 18 de decembro. O agraciado/a pode recoller a cesta no instituto, en horario de mañá. |
Exposición "Man, o alemán de Camelle"
Enviado por admin o Mar, 10/12/2013 - 23:14
Co alumnado de 1. ESO visitamos esta tarde a exposición sobre Man, o alemán da Costa da Morte, aberta na Casa da Xuventude de Ares. Logo do percorrido pola vida e a explicación da súa obra, puxémonos a facer o que Man sempre lles pedía aos nenos: pintar.
Espazo Xuvenil Aberto de Mugardos
Enviado por admin o Mér, 27/11/2013 - 18:10O "Espazo Xuvenil Aberto" é un local que o Concello de Mugardos inaugurou o pasado 26 de outubro. Está ubicado na Casa da Cultura, e está concebido para as idades comprendidas entre 11 e 17 anos. O seu horario de apertura é de 17:00 ás 21:00 horas os sábados e domngos. É un servizo totalmente gratuíto que require unicamente a presentación dunha autorización asinada polos pais na oficina do OMIX do Concello.
Máis información e solicitude nos documentos adxuntos.
Magosto, 2013
Enviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 22:32O pasado venres celebramos o tradicional magosto coas seguintes actividades:
- Baiuca 4º ESO: Venda de produtos pro excursión de fin de curso.
- Reparto de castañas ofrecidas pola ANPA
- Xincana
- Papiroflexia e reciclaxe (3.º ESO)
Estrea da canle YouTube
Enviado por admin o Mér, 13/11/2013 - 17:40Este mes inauguramos a canle YouTube do instituto. Nel irán aparecendo os vídeos producidos no centro. Comezamos polo magnífico traballo do alumnado de Cultura Clásica (4.ºESO) dirixidos polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue.
Cultura Clásica (4.º ESO)
Charla "Un non rotundo ao sedentarismo"
Enviado por admin o Lun, 11/11/2013 - 22:59O presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, doutor José Carro, e o especialista en nutición e técnicas de adestramento físico Santiago Carro impartiron esta mañá unha charla sobre a importancia de loitarmos contra o sedentarismo e asemade mantermos hábitos saudables na preparación e consumo dos alimentos. Foron dúas horas cheas de mensaxes prácticas coa posibilidade de intervencións do alumnado para resolver dúbidas con estes expertos que souberon responder ás expectativas do alumnado da ESO.
Ligazóns:
- Real Academia de Medicia e Cirurxía de Galicia
- Guru-zone (blog sobre as últimas tendencias de alimentación e técnicas de adestramento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- seguinte ›
- última »