Visita o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

17/02/2011 08:45
17/02/2011 18:00
Etc/GMT+1

Edición 2011: É mentira

Cartel da edición de 2011.Unha das razóns polas que nos gustan as historias é porque nos falan
da vida a través das emocións, dos comportamentos, dos sentimentos… Este
ano queremos afondar nun deses comportamentos: a mentira.

Queremos de verdade descubrir as mentiras que nos contan os
personaxes dos contos, ou a mentira que é a historia que estamos a ler,
tamén queremos xogar coa mentira como tema na literatura, e como non!
ver a mentira das vosas propostas plásticas.

A mentira está presente xa nos primeiros contos que lles contamos aos
cativos : o lobo mentiulle a carapuchiña vermella e tamén aos cabritos,
Pinocho toleou a todos coas súas mentiras pagando un alto prezo por
iso.

A literatura para os maiores tamén está inzada de mentiras, Sancho
Panza mente en beneficio de si mesmo e do seu amo sempre que lle convén,
e que podemos dicir cando Jorge Luis Borges fala de que “la literatura
es la mentira”? . Atrevémonos coa mentira fabulada na obra de Álvaro
Cunqueiro?

 

 

Grupos:

  • 1º e 2º de ESO

Departamento:

  • Ciencias naturais

Profesorado:

  • Yolanda González

IMPORTANTE

   O regreso desta actividade será as 18:00 polo que o alumnado que desexe participar nela terá que ser recollido polos seus pais, nais, titores ou titoras