Conmemoración do día da Paz

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, a vindeira semana estará colocada no comedor da biblioteca unha exposición sobre os Premios Nobel da Paz (orixes, información diversa sobre os diferentes galardonados, etc). Tal exposición vai acompañada dun cuestionario que se pode traballar co alumnado. Hai tamén unha versión power point desta exposición no blog da biblioteca para quen prefira traballala deste xeito.

O Equipo da Biblioteca do IES de Curtis