Responsables de máis de douscentos centros galegos de ensino medio reuniuse con persoal directivo da USC

Máis de 200 centros de ensino secundario de toda Galicia acudiron á cita coa USC

O Salón Nobre de Fonseca acolleu este venres 19 a reunión anual con persoal directivo e
orientador de centros de Ensino Medio de Galicia para dar a coñecer as actividades que o programa ‘
A Ponte’ pon en marcha este curso académico 2010-11. Foron 209 os centros que asistiron á
convocatoria da USC, dos que 97 pertencen á provincia da Coruña, 29 á de Lugo, 67 á de Pontevedra e
16 á de Ourense.
Na sesión, que presidiu o reitor Juan Casares Long, interviñeron a concelleira de Educación de
Santiago, Mercedes Rosón, que presentou as ofertas educativas e culturais da cidade; e a
vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao e o director do Centro de Posgrao, Eva castro Caridad e
Ignacio Zarra Cameselle, respectivamente, que falaron da oferta académica do presente
curso.

O representante da CiUG Ramón Bravo Quintas explicoulle aos asistentes as probas de acceso á
universidade (PAAU) para este curso así como o acceso á USC, e finalmente o coordinador do
programa ‘A Ponte entre o ensino medio e a USC’, Luis Hervella Torrón, comentou as accións que
se van a desenvolver neste curso. Tamén no transcurso do acto se falou do Centro de Hostalaría de
Galicia e do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC.