Eleccións ao Consello Escolar

Unha vez constituída a Xunta Electoral, aprobouse o calendario para a celebración das eleccións ao Consello Escolar do IES de Curtis. Entre o 8 e o 15 de novembro poderán presentar as candidaturas aquelas persoas interesadas, e o 25 de novembro elixiranse:

 

  • 6 docentes

    • 4 para 3 anos

    • 2 para 1 ano

  • 3 alumnos/as

    • 2 para 3 anos

    • 1 para 1 ano

  • 1 pai/nai para 3 anos

  • 1 membro do Persoal de Administración e Servizos.

 

Nos arquivos adxuntos pódense consultar a acta da sesión e o calendario. O censo dos responsables xa se atopa exposto no centro tal e como marca a lexislación.

AdxuntoTamaño
Acta Xunta Avaliadora.pdf49.63 KB
Calendario Eleccións.pdf105.45 KB