COMUNICADO DA ANPA DO IES DE CURTIS

A ANPA do IES de Curtis é unha asociación que ten como principal obxectivo a colaboración coa Comunidade Educativa en todo aquilo no que sexa precisa a súa axuda, ben por propia iniciativa, ben a proposta das familias. Pretende ser o interlocutor válido entre as familias e o Equipo Directivo, sempre de forma construtiva e ofrecendo solucións para a mellora na formación do/as noso/as fillo/as.
 
A pesar do esforzo son poucas as familias que deciden asociarse, posiblemente pola falta de concienciación na importancia da ANPA como parte da Comunidade Educativa.
 
Por todo o exposto anteriormente, solicitamos o apoio de todas as familias para que se asocien á ANPA, cunha cota anual de 10 € por familia, a través da conta que ten a asociación en Abanca.
O ingreso pódese facer a través do caixeiro autómatico de calquera sucursal de Abanca ou mediante transferencia bancaria:
ES68 2080 0024 1030 4000 2377.
Sempre especificando en concepto o nome e curso do/a alumno/a ou alumnos/as.
Para calquera dúbida, problema ou cuestión que necesitedes, estamos á vosa disposición a través da nosa conta de correo electrónico: anpadoiesdecurtis@gmail.com
 
 
Moitas grazas pola vosa colaboración.