RETORNO ÁS AULAS O 25 DE MAIO PARA 2º DE BAC E 2º DE CICLOS DE FP

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31076

O enlace de arriba conduce ao portal da Consellería de Educación onde se desenvolve un Protocolo de recuperación das clases presenciais para o alumnado de 2º de BAC e 2º de ciclos de FP.

O retorno ás aulas é VOLUNTARIO e  levarase a cabo coas medidas sanitarias recomendadas pola Consellería.

Como o transporte escolar non funcionará o instituto porporcionará transporte ao alumnado que o solicite.

Adxuntamos un horario provisional para a semana do 25 de maio ao 29, xa que as clases para 2º de BAC acaban o 2 de xuño.

 

Un saúdo

 

O director

 

 

AdxuntoTamaño
Horario RETORNO ÁS AULAS.pdf29.18 KB