Skip to Content

Orientación

Departamento de Orientación

ORIENTACIÓN

 

 

PROGRAMACIÓN

 

 

PLAN DE ORIENTACIÓN 2020-21

Para acceder ao Plan de Orientación visita a seguinte ligazón:

O alumnado de Bacharelato aprende a combater o estrés.

O alumnado de Bacharelato aprende a combater o estrés.

 Dentro do programa de actividades para o fomento de actividades saúdables no centro celebrouse unha sesión "Programa de intervención psicolóxica para facer fronte ao estrés" co alumnado de 2º de Bacharelato. A sesión correu a cargo da doctora Encarnación Sueiro Domínguez.

TRABALLO DENDE A CASA para o alumado en corentena

ORIENTACIÓN SEN VIRUS

Contacto co Dpto. de Orientación:

Correo electrónico: soniaferro@edu.xunta.gal (consultas individuais)

Facebook: Sonia Ferro Orientadora (recursos educativos e divulgación)

Messenger: Sonia Ferro Orientadora (consulta privada interactiva en horario fixado previamente)

Instagram: Instaorientacouto (recursos educativos e respostas grupais)

 

A finalidade do Dpto non variou, só nos adaptamos o mellor posible ós tempos que nos toca vivir e compartir. Aquí estamos para alumnado, familia, profesorado e comunidade educativa do IES O Couto. 

Unha alerta grande.

;) Sonia Ferro.

MATERIAIS PARA O ALUMNADO DE PT, REFORZO E ACIS

MATERIAIS PARA O ALUMNADO DE PT, REFORZO E ACS

ACTIVIDADES E MATERIAIS:

A INCUBADORA DE POLOS

No IES “ O Couto” levouse a cabo un proxecto cos alumnos/as de 2º ESO, en Tecnoloxía , sección bilingüe, onde colaborou a Departamento de Tecnoloxía e Departamento de Orientación.

Este proxecto consistía en facer unha incubadora de poliños e pór a proba dita incubadora.

No primeiro intento realizado no mes de marzo non naceu ningún poliño polo que solicitamos a axuda inestimable de Coren.

 

Agradecer a Coren toda a axuda en especial a:

-          Roberto Casas , que nos atendeu e aconsellou telefonicamente e por correo electrónico en calquera das nosa dúbidas , proporcionándonos todo o necesario.

-          Miguel Taboada que veu polo instituto en varias ocasións para proporcionarnos  axuda e consello e que  fixo un seguimento do proceso e foi tan amable, paciente e xentil.

 

Desta forma, a semana do 9 ao 13 de maio foi unha semana intensa para toda a comunidade educativa, onde vimos nacer poliños e todos gozamos da súa presenza durante toda a semana, fomentando o amor polos animais e facendo os nosos alumnos/as partícipes do seu coidado.

 

A nosa finalidade foi sempre garantir o benestar deses poliños que coidamos con dedicación e esmero polo que  decidimos facer unha subasta solidaria, pondo como condición que os poliños tiveran un lugar axeitado para vivir, cando creceran.

 

A nosa subasta solidaria consistía en ofrecer alimentos infantís que tiñan unha puntuación, sempre contando coa autorización do titor legal.

 

Alumnos/as participantes na subasta:

 

- Levaron poliños

  • Lucia Cid Álvarez 40 ptos
  • Claudia Cid Álvarez 40 ptos
  • Estela Araújo Lorenzo 17 ptos
  • Diego Miguez González 30 ptos
  • Arantxa Blanco Nieto 13 ptos
  • Marta Morales López 17 ptos
  • Sara Balboa Garrido 12,5 ptos
  • Lia Prieto Cid 25,5 ptos
  • Manuel Ramos Lloves 12,5 ptos
  • Yesica Ribeiro Sampayo 20 ptos
  • Lucia Rivera Seara 12 ptos
  • Carolina Verga Domínguez 19,5 ptos
  • Raquel Feijoo Díaz 17 ptos

 

-          Non levaron poliños pero agradecemos desde o centro que participasen na poxa solidaria

 

  • Lara Vázquez Limia 11 ptos
  • Xosé Saavedra 8 ptos
  • Yhonnayker Ramírez 8 ptos
  • Lucia Gómez Montecelo 7 ptos
  • Adrián Fernández González 4,5 ptos
  • Michele Madornos Gómez 11 ptos

 

 

Para rematar dar as grazas ao equipo directivo polo seu apoio,  aos nosos compañeiros polo seu entusiasmo no proxecto ,ós alumnos/as polo seu traballo, ánimo e optimismo, o CEIP “ O Couto “ pola súa participación no proxecto. A nosa Puri Palazón  pola súa atención durante as eclosións, e envío dos vídeos,e coidados nocturnos. A Andrés pola súa paciencia. A Bea, secretaria, por a súa vixilancia durante todo o proceso. O equipo de limpeza por vixiar os nosos poliños e axudarnos tanto no tema de limpeza. A “Coren” pola súa axuda, en especial a  Roberto Casas e Miguel Taboada, e a todas as familias participantes na poxa solidaria.

 

 GRACIAS, SEN TODOS VOS NON HOUBERA SIDO POSIBLE A ÉXITO DO PROXECTO.

 

Parlamento xoven

Parlamento Xoven

PARLAMENTO XOVE

En España, aínda que a maioría de idade legal establécese aos 18 anos, a maioría de idade sanitaria é aos 16.  Tras as eleccións europeas onde hai países que votan aos 16, debería adiantarse a maioría de idade legal en España aos 16 anos?

 

Deixa a túa opinión sobre a idade idónea para conseguir a maioría de idade. Escolle un dos seguintes enlaces:

 

  • Para dar a opinión a favor de continuar coa maioría de idade aos 18 anos preme aquí
  • Para da a opinión a favor de adiantar a maioría de idade aos 16 anos preme aquí

CHARLA SOBRE "ACOSO ESCOLAR"

O luns día 9 de febreiro de 2015 as 10h10 haberá unha charla sobre "Acoso Escolar" a cargo da Policia Nacional para os alumnos de 1º ESO no salón de actos do centro.

SAÍDA AO AUDITORIO

 

Os alumnos de 1º e 2º da ESO realizaron unha saída do día 3 de febreiro ao Auditorio para ver a película " Vivir es fácil con los ojos cerrados".

   
   

AULA DE TRABALLO DE ALTAS CAPACIDADES DO IES O COUTO NA VOZ DE GALICIA

O programa Aulas de traballo empezou a funcionar no instituto do Couto no ano 2010;

Artigo na Voz de Galicia do Sábado 17 de xaneiro de 2014

pilar Ferreira

Pilar Ferreira e Puri Losada cos alumnos de altas capacidades do IES O COUTO.

OPERACIÓN KILO

Comeza a operación kilo no IES " O Couto"

Do 1 ao 15 de decembro recollida dos alimentos

¡¡¡ COLABORADE¡¡

operacion kilo 20142013

Xornal escolar 2013- 2014

Un grupo de alumnas de 1º ESO levaron a cabo un bonito proxecto, durante o curso, facer un Xornal Escolar. Esperamos que vos guste ! Fai clic na seguinte ligazón para velo: xornal

ALTAS CAPACIDADES

Blog de Altas capacidades no IES O COUTO

ligazón ao BLOG

TALLERES DE ALTAS CAPACIDADES

Distribuir contido


by Dr. Radut