O lanzamento de bicos para os Nenos Hospitalizados naceu da iniciativa da Fundación Atresmedia para implicar a diferentes entidades e fundacións que colaboran cos nenos hospitalizados de toda España. Desta maneira, a Fundación ATRESMEDIA, a Fundación Aladina, a Fundación Abracadabra, a Asociación Española Contra o Cancro, a Fundación Theodora, a Fundación Pequeno Desexo, a Federación Española de Pais de Nenos con Cancro, a Fundación Miúdos Corazóns, ASION, a Fundación Blas Mendez Ponce, a Fundación Curarche, a Fundación Ronald McDonald, a Fundación Make a Wish, a Fundación Juegaterapia, Pallapupas, Somos NUPA, a Fundación Leucemia e Linfoma, Cruz Vermella, a Fundación Terra de homes e *Érase unha Vez sumamos esforzos e ilusións para institucionalizar o 13 de Maio como Día do Neno Hospitalizado e realizar así unha pequena homenaxe aos máis pequenos do hospital.
Desde o I.E.S de Cotobade sumámonos a esta bonita e solidaria iniciativa.
Hoxe, día 2 de maio, a comunidade educativa do I.E.S. de Cotobade conmemora o día en contra do acoso escolar, protagonizando un NON fronte acoso!
Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos recordaron no día de hoxe a importancia da prevención, detección e tratamento do acoso escolar e defensa das vítimas. Unidos na procura dunha contorna escolar segura, participaron no seguinte photocall : "Non ao acoso escolar" para denuncialo e visibilizalo.
Resolución do 11 de abril de 2022 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2022/2023.
No I.E.S de Cotobade apostamos pola diversidade e a integración. Durante uns días podemos ver a exposición "Lección Xitana" cedida pola Fundación Secretariado Gitano . Esta exposición pretende contribuír ao coñecemento do pobo xitano.
"Lección Xitana" é ese capítulo perdido dos libros de historia: a cultura silenciada, os nomes propios invisibilizados, as novas que non se publicaron e as anécdotas que nunca nos contaron. Con "Lección Xitana" queremos chamar a atención sobre o gran descoñecemento que a meirande parte da sociedade ten sobre a comunidade xitana. É un convite a romper a ignorancia, o prexuízo, o rexeitamento ou a indiferencia. É unha chamada a coñecer o rico patrimonio histórico e cultural do Pobo Xitano .
"Lección Xitana" presenta unha historia de persecución e dor, pero tamén a resistencia, superación e dignidade, así coma a contribución xitana ao patrimonio social e cultural común.
Esta actividade intégrase nos Contratos Programa Inclúe.
Antes do 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos, ordeadas segundo a orde de puntuación obtida e onde consten as puntuaciones asignadas por cada criterio.
O alumnado de 3º ESO participou nun Programa de Benestar Emocional.
O benestar emocional é un concepto amplo, que ten que ver non só coa experiencia subxectiva de sentirse ben,en harmonía e con tranquilidade, senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de forma positiva ou adaptativa as contrariedades que se presentan na vida cotiá.
O día 8 de abril celébrase o día internacional do pobo xitano. O IES de Cotobade creou un espazo na nosa biblioteca cos estoxos xitanos nos que podemos atopar libros, cds, xogos, obxectos cotiáns, actividades manuais, receitas, fichas informativas... todo representativo da cultura xitana cedidos pola biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo. Esta actividade está enmarcada dentro dos Contratos-Programa Inclúe en colaboración co Secretariado Xitano.
O alumnado de 3º ESO gañador do Scape rom Rede Rema 360º participou no noso centro no scape room portátil " O legado de Verne", en colaboración co centro de ocio Eskapark de Vigo. Esta actividade, xunto cun diploma acreditativo e unha placa conmemorativa, forma parte do premio que recibiron como gañadores do campionato. Parabéns!!!