Skip to Content

FSE Contratos Programa

“DIVERSIDADE SEXUAL, COÑECER PARA RESPECTAR E ACOMPAÑAR. PREVENCIÓN DO ACOSO LGTBIFÓBICO”

 

 

O obxectivo deste obradoiro desenvolvido o día 8 de xuño de 2022 e  destinado ao alumnado de 2º curso de E.S.O é sensibilizar, formar e impulsar a colaboración activa da comunidade educativa no coñecemento e valoración da diversidade afectivo-sexual para a mellora da convivencia, prevención da LGTBIfobia e a promoción da igualdade de oportunidades para todo o alumnado.

ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS

O alumnado de 1º E.S.O participou o venres 20 de maio nunha charla impartida por Maite Rosales. orientadora da Fundación do Secretariado Xitano.

A  INTERCULTURALIDAD implica recoñecemento e comprensión #ante a existencia doutras culturas, ademais de respecto, comunicación e interacción. Non se permite que as ideas e accións dunha persoa ou grupo cultural estea por encima doutro, favorecendo en todo momento o diálogo e a convivencia enriquecida entre culturas. Unha sociedade será intercultural cando os seus membros interactúen (relaciónense), e enriquézanse con esa interacción.

Esta actividade está incluída nos Contratos Programa CP Inclúe.

2 de maio. Día contra o acoso escolar. Actividade CPInclúe.

Hoxe, día 2 de maio, a comunidade educativa do I.E.S. de Cotobade conmemora o día en contra do acoso escolar, protagonizando un NON fronte acoso! 

Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos recordaron no día de hoxe a importancia da prevención, detección e tratamento do acoso escolar e defensa das vítimas. Unidos na procura dunha contorna escolar segura,  participaron no seguinte photocall : "Non ao acoso escolar" para denuncialo e visibilizalo.

EXPOSICIÓN "LECCIÓN XITANA"

 

No I.E.S de Cotobade apostamos pola diversidade e a integración. Durante uns días podemos ver a exposición "Lección Xitana" cedida pola Fundación Secretariado Gitano . Esta exposición  pretende  contribuír ao coñecemento do pobo xitano.

"Lección Xitana" é ese capítulo perdido dos libros de historia: a cultura silenciada, os nomes propios invisibilizados, as novas que non se publicaron e as anécdotas que nunca nos contaron. Con "Lección Xitana" queremos chamar a atención sobre o gran descoñecemento que a meirande parte da sociedade ten sobre a comunidade xitana. É un convite a romper a ignorancia, o prexuízo, o rexeitamento ou a indiferencia. É unha chamada a coñecer o rico patrimonio histórico e cultural do Pobo Xitano .

"Lección Xitana" presenta unha historia de persecución e dor, pero tamén a resistencia, superación e dignidade, así coma a contribución xitana ao patrimonio social e cultural común.

Esta actividade intégrase nos Contratos Programa Inclúe.

BENESTAR EMOCIONAL

O alumnado de 3º ESO participou nun Programa de Benestar Emocional.

O benestar emocional é un concepto amplo, que ten que ver non só coa experiencia subxectiva de sentirse ben,en harmonía e con tranquilidade, senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de forma positiva ou adaptativa as contrariedades que se presentan na vida cotiá.

Nube de sentimentos. Emociona-T. CPInclúe.

O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do I.E.S. de Cotobade participou na iniciativa do departamento de Lingua e Literatura galega para dedicarlle catro versos a aquela persoa, lugar, animal ou cousa que lle rouba os sentidos.

A profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña, encargouse de darlle forma a tanto corazón recreando esta nube dos sentimentos. 

Parabéns polo resultado final a todas e todos os participantes e pola creatividade e implicación de Bea. 



Actividade enmarcada e financiada pola actuación Emociona-T de CPInclúe.

3 de Decembro. Día das Persoas con discapacidade.

O pasado venres 3 de decembro, a nosa comunidade educativa uniuse para celebrar o día internacional das Persoas con Discapacidade.

Uno ano máis, seguindo o lema "Baixo o mesmo paraugas", alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do IES de Cotobade uniuse para celebrar a diversidade.

Posando con distintos paraugas de cores, realizouse unha reportaxe fotográfica que recolle a nosa diversidade. Coa financiación da Unión Europea, a través da acción INCLÚE-T, do programa REFÓRZA-T dos contratos programa, este ano colocouse no portal de entrada do Centro unha lona para dar visibilidade á sociedade diversa e plural á que pertencemos, cos desexos e ilusións comúns. Vivir iguais e diferentes.

Iniciativa e Coordinación da actividade:

MªJosé Seco López.
Xefa do departamento de Orientación. 

Para visualizar o vídeo da celebración, prema aquí.

CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE 2021/22 Resolución definitiva de centros seleccionados

Segundo a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros e programasseleccionados conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 11 de xuño de2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan os Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centrosdocentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
para o curso 2021/22.

Para ver a listaxe de centros seleccionados e actuacións concedidas, prema aquí.

O noso centro desenvolverá as tres accións seguintes solicitadas e concedidas no marco dos Contratos- Programa Inclúe 2021-22:

02- IGUÁLA-T          04-INCLÚETE-T         05-EMOCIÓNA-T

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ARCO PARA O CURSO 2021-2022

 

Novamente o noso Centro foi seleccionado conforme ao disposto no apartado trece da Resolución do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos- programa Recupéra-T

Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22.

Segundo a publicación da Listaxe definitiva de Centros seleccionados no curso 2021-22 para o programa ARCO, beneficiarémonos da posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) durante o presente curso 2021/22, dirixidas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Galicia, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut