Skip to Content

Participación na modalidade XOGADE dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2021/22)

Novamente, o noso Centro participará na modalidade XOGADE dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2021/22).A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte puxo en marcha no curso 2009-2010 os Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, co programa XOGADE. Apostando por un modelo deportivo competitivo aberto á participación, tal e como queda reflectido na Carta Europea do deporte, promovendo a saúde, a condición física e o benestar, buscando que todos os escolares teñan acceso a práctica de actividades lúdicas e deportivas, sen existir ningún tipo de discriminación.

Está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos servizos de deporte de cada provincia e das agrupacións deportivas de zona, coa colaboración das federacións galegas implicadas.

O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realizan o alumnado, tanto dentro como fora  do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.

Os centros participantes promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que OBRIGATORIAMENTE terán que:

  •  Identificar todas as actuacións que se leven a cabo no centro educativo, xa sexa dentro  como fora do  centro e dentro ou fora do horario lectivo que fomenten a actividade física e  os hábitos de vida saudable.

  •  Dinamizar e promover hábitos de vida activa e saudable, rendibilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).

  •  Recoller a analizar os datos de consumos de actividade física, tanto ao inicio do proxecto como ao finalizar o mesmo, para evidenciar os posibles cambios conseguidos.

Temporización: curso completo

 

Modalidades:

Para o desenvolvemento dos PVAD, os centros teñen dúas posibilidades:

  1. Deseñar, executar e avaliar o seu PVAD de forma autónoma, con ferramentas propias.

  2. Deseñar, executar, avaliar o seu PVDA apoiándose nas diferentes modalidades que ofrece o programa, a maiores doutras actividades propias:

As modalidades non son excluíntes, xa que todas sonferramentas que axudan ao incremento da carga de actividade física que realiza o alumnado.

  • Plataforma de valoración da condición física saudable DAFIS.
  • Mais e Mellor Actividade Física.
  • Movete+
  • XOGADE
  • Milla diaria.
  • Camiña/ en bici a escola.

O noso Centro participará, como nos cursos anteriores, na modalidade XOGADE ao longo do curso 2021-2022.

Para máis información, prema aquí.

 



story | by Dr. Radut