Achégase en documento adxunto a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Secundaria para o curso 2021-2022.
Para visualizar a Orde ou descargala, prema aquí.
Segundo a Orde:
O alumnado que resultou beneficiario da axuda de material escolar e recibiu o respectivo cheque de 50 €, para o curso 21-22 NON TEN que presentar a solicitude
Resulta beneficiario da axuda de máscaras de forma automática.
QUEN PODE PRESENTAR A SOLICITUDE?
Aquel alumnado que NON FOI beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22, sempre que cumpra algunha das seguintes condicións:
1) Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
2) Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
A solicitude será única para todos os fillos/as.
QUE DEBO PRESENTAR PARA FACER A SOLICITUDE?
1) Os Anexos I e II cumprimentados (achegamos enlaces para ser descargados e cubertos)
Se non tiveran forma de descargarlos, pode solicitar copia dos anexos na administración do Centro.
2) Ademais deberase achegar a seguinte documentación:
1.Copia do libro de familia
2. Certificado do grao de discapacidade, se fora o caso.
3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador, onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables presentando un certificado ou volante de convivencia ou un informe dos Servizos Sociais.
ONDE PODO PRESENTAR A SOLICITUDE?
1) De forma presencial, no centro educativo no seguinte horario: de luns a venres de 9:00h ata as 14:00h.
2) Recomendada:
Vía correo electrónico (achegando os anexos I, II cumprimentados e documentación requirida escaneada) ao seguinte correo electrónico : secretaria@iescotobade.org
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 15 ao 26 de novembro de 2021.
Publicarase unha listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios de secretaría do IES de Cotobade e notificaráselle o aviso ás familias.
Segundo o resultado das novas solicitudes e unha vez actualizadas as listaxes, procederase ao reparto das máscaras para o curso 2021-22 ao alumnado que resulte beneficiario.